Estes días estase a falar moito
das sancións que o Concello vai a impoñer á cidadanía se non recolle
os excrementos dos seus cans das vías e demais espazos públicos, e da
vixilancia do cumprimento da devandita norma, que correrá a cargo dunha
patrulla de Policía Local formada por catro axentes.
A estas alturas, ninguén, ou
case, cuestiónase a necesidade de regular unha práctica que, por outro lado,
forma parte do tema 1 do manual de civismo, e penso que non haberá tampouco moita
xente que critique as sancións como medida última, se ben a contía destas
-neste caso, entre 60 e 300 euros- xa é fariña doutro costal.
Pero tampouco vou afondar na
cuestión económica, a pesar de que case sempre é a que máis "doe",
senón que quero poñer o dedo na chaga no apartado referido a quen se vai
encargar de asegurarse de que a cidadanía obedeza e, no caso contrario, poña a
correspondente multa.
Catro axentes, dous de mañá e dous de tarde, serán os encargados de percorrerse todo o municipio á caza, en exclusiva, de caquitas e do dono ou dona infractores. E, pregúntome: Non lles parece, se o Concello realmente quere facer cumprir a norma, que unha patrulla é un tanto escasa? Pero, indo máis alá, cren que o Concello debe poñer a vixiar para sancionar catro axentes cando hai funcións que corresponden a Policía Local que non se están a desenvolver con eficacia?

Refírome, en concreto, á
vixilancia e control do tráfico na entrada e saída dos centros escolares. Como é
posible que se forme o caos que se forma todas as mañás no ámbito do Xulgado?
Como é posible que hoxe -data na que escribo este artigo- non houbese axente
ningún ás 09.30 na zona, cando, ademais, un tramo das rúas Coruñae
Hospital están cortadas polas obras de Sol?
Organicemos mellor os medios de
que dispoñemos e non lancemos propostas que, en si mesmas, non serán eficaces
e, ademais, minguarán aínda máis os servizos que presta a Policía Local.
Destinemos os limitados recursos humanos non só a sancionar e garantamos o
cumprimento das tarefas que se lles teñen encomendadas. Con sentidiño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario