Translate
martes, 30 de setembro de 2014
sábado, 27 de setembro de 2014
Alerta feminista
As mulleres vivimos,
lamentablemente, nun permanente estado de alerta. E iso cando non temos que
sacar o noso lado máis combativo ante as constantes ameazas, en ocasións realidades,
do machismo máis rancio que volveu imperar nesta sociedade debido, en boa
medida, ao pasotismo máis absoluto do PP e aos recortes brutais que levou
a cabo nas políticas relacionadas directa ou indirectamente coa igualdade.
Non hai día que non nos
espertemos con algunha noticia relativa a algún caso de violencia de xénero,
agresión sexual, rede de explotación ou abuso a menores, por non falar de datos
de desemprego feminino ou de precariedade laboral. E a todo iso hai que
sumarlle a loita en toda regra que se librou entre boa parte da sociedade, a
maioría mulleres, e o Goberno liderado por Mariano Rajoy para facer
fronte a unha pretendida reforma, por parte do ministro de
Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, da coñecida como Lei do Aborto promovida polo
Partido Socialista en 2010.
A resposta cidadá foi tal nestes
tres anos -non hai que esquecer que
o PP veu ameazando a liberdade das mulleres a decidir sobre a súa
maternidade e o seu propio corpo dende que iniciou o mandato-, que o
anteproxecto aprobado polo Consello de Ministros o 21 de decembro tivo que ser definitivamente
gardado nun caixón.
Pero, claro, as mulleres, conscientes
de que o perigo dunha reforma claramente ideolóxica segue aí, malia esta
importante e histórica primeira victoria, porque aínda existe un recurso
presentado ante o Tribunal Constitucional contra a Lei de 2010, non podemos nin
queremos quedarnos quietas.
Por iso, hoxe, Día Internacional
pola Saúde Sexual e Reprodutiva das Mulleres, dedicámolo a reivindicar un
aborto libre, seguro e gratuíto. Mañá, en moitas cidades galegas, entre elas tamén Ferrol,
as mulleres -e homes-, congregadas en torno a unha plural
Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, sairemos de novo
á rúa para esixir a retirada do recurso presentado ante o Constitucional e para
advertir ao PP de que non estamos dispostas a dar un paso atrás nos nosos
dereitos e liberdades. Porque seguimos en alerta. En alerta feminista.
Publicado en La Voz de Galicia o 27 de setembro de 2014
mércores, 24 de setembro de 2014
Vitoria feminista
O día 23 de setembro quedará
marcado na historia do feminismo. E farao porque tal día como este a loita
liderada polas mulleres en contra dunha contrarreforma machista, retrógrada e
cercenadora de dereitos e liberdades como o era a promovida
polo PP para modificar a Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e da
Interrupción Voluntaria do Embarazo de 2010, deu os seus froitos e o presidente
do Goberno, Mariano Rajoy, non tivo outra opción que retirala e
anunciar publicamente que a devandita reforma non contaba co consenso
necesario.
Pero, ademais, as mulleres, esas ás que o Partido Popular menospreza e quere
acantoar na súa casa baixo o dominio do marido e ao coidado de todas as fillas
e fillos que “Deus queira”, conseguimos outro feito histórico: que un ministro,
o antano considerado progre e hoxe desgraciadamente coñecido polas
súas ideas ultraconservadoras, Alberto Ruiz Gallardón, presentara a súa
dimisión poucas horas despois de quedar desautorizado polo seu
"xefe".
O feminismo está de parabéns. O
negro que predomina estes tempos, marcados polos recortes a todos os niveis, o
desemprego e a desesperanza, deixou paso ao lila, que se converteu no
verdadeiro protagonista para unha sociedade farta de castigos, farta de
medidas privadoras de dereitos e farta, en definitiva, de recibir
mazada tras mazada día tras día.
Pero o camiño non foi doado.
Dende que o Partido Popular chegou ao Goberno do Estado, en 2011, ata hoxe,
pasando pola aprobación por parte do Consello de Ministros o 21 de decembro de
2013 do anteproxecto de contrarreforma da Lei de 2010, foron moitas as ameazas
contra o dereito a decidir das mulleres. E, dende o principio, o feminismo
estivo activo, deixando claro ao Partido Popular que as mulleres non iamos
permitir nin un só recorte nos nosos dereitos e liberdades sexuais.
Aglutinadas en torno á
Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, as mulleres
galegas alzamos a nosa voz para dicir alto e claro que non estabamos dispostas
a ceder nin un ápice nuns dereitos sexuais e reprodutivos xa consolidados e, ao
longo de todo este tempo, saímos ás rúas en cidades e vilas sempre que así
estimamos ou que houbo algún tipo de paso dirixido a limitar as nosas
liberdades.
Neste tempo, foron moitas as
compañeiras que dedicaron todo o seu esforzo a reivindicar os dereitos das
mulleres no seu conxunto e neste longo e duro camiño pasamos por todo tipo de
vicisitudes e contratempos. Por iso, a vitoria do 23 é a vitoria do feminismo
fronte un poder no que prevalecen altas doses de machismo; é a vitoria de todas
aquelas mulleres que, dunha forma ou outra, cun gran de area ou cun saco,
contribuíron a propiciar que un presidente dun Goberno tivese que tragar as
súas ideas e tivese que saír a anunciar publicamente a retirada da reforma
dunha lei e que o "pai" antano orgulloso desta, se
vise abocado a presentar a súa dimisión.
Pero, por desgraza, as ameazas
continúan e a realidade obríganos a seguir en alerta. En alerta porque o
Tribunal Constitucional ten que resolver un recurso presentado polo PP contra
a Lei de 2010, porque Rajoy xa anunciou que pretende modificar algún artigo da
norma actualmente en vigor (que evidentemente vai ir na liña de quitar dereitos)
e porque, en definitiva, non podemos esquecer que o anteproxecto de lei foi
aprobado en decembro de 2013 por todo un Consello de Ministros e, en
consecuencia, houbo un apoio explícito de cada unha das ministras e ministros a
ese texto retrógrado e machista agora retirado.
Polo tanto, hoxe o feminismo e
boa parte da sociedade estamos de parabéns, pero sempre con cautelas e sempre
buscando seguir dando pasos adiante. Neste punto encontrámonos e así
trasladarémolo xa este domingo, cando en todas as cidades galegas
reivindicaremos un aborto libre, seguro e gratuíto con motivo do Día
Internacional pola Saúde Sexual e Reprodutiva das Mulleres. E nesa loita, a das
mulleres, seguiremos.
O día 23 de setembro quedará marcado na historia do feminismo. E farao porque tal día como este a loita liderada polas mulleres en contra dunha contrarreforma machista, retrógrada e cercenadora de dereitos e liberdades como o era a promovida polo PP para modificar a Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e da Interrupción Voluntaria do Embarazo de 2010, deu os seus froitos e o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, non tivo outra opción que retirala e anunciar publicamente que a devandita reforma non contaba co consenso necesario. Pero, ademais, as mulleres, esas ás que o Partido Popular menospreza e quere acantoar na súa casa baixo o dominio do marido e ao coidado de todas as fillas e fillos que “Deus queira”, conseguimos outro feito histórico: que un ministro, o antano considerado progre e hoxe desgraciadamente coñecido polas súas ideas ultraconservadoras, Alberto Ruiz Gallardón, presentara a súa dimisión poucas horas despois de quedar desautorizado polo seu "xefe". O feminismo está de parabéns. O negro que predomina estes tempos, marcados polos recortes a todos os niveis, o desemprego e a desesperanza, deixou paso ao lila, que se converteu no verdadeiro protagonista para unha sociedade farta de castigos, farta de medidas privadoras de dereitos e farta, en definitiva, de recibir mazada tras mazada día tras día. Pero o camiño non foi doado. Dende que o Partido Popular chegou ao Goberno do Estado, en 2011, ata hoxe, pasando pola aprobación por parte do Consello de Ministros o 21 de decembro de 2013 do anteproxecto de contrarreforma da Lei de 2010, foron moitas as ameazas contra o dereito a decidir das mulleres. E, dende o principio, o feminismo estivo activo, deixando claro ao Partido Popular que as mulleres non iamos permitir nin un só recorte nos nosos dereitos e liberdades sexuais. Aglutinadas en torno á Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, as mulleres galegas alzamos a nosa voz para dicir alto e claro que non estabamos dispostas a ceder nin un ápice nuns dereitos sexuais e reprodutivos xa consolidados e, ao longo de todo este tempo, saímos ás rúas en cidades e vilas sempre que así estimamos ou que houbo algún tipo de paso dirixido a limitar as nosas liberdades. Neste tempo, foron moitas as compañeiras que dedicaron todo o seu esforzo a reivindicar os dereitos das mulleres no seu conxunto e neste longo e duro camiño pasamos por todo tipo de vicisitudes e contratempos. Por iso, a vitoria do 23 é a vitoria do feminismo fronte un poder no que prevalecen altas doses de machismo; é a vitoria de todas aquelas mulleres que, dunha forma ou outra, cun gran de area ou cun saco, contribuíron a propiciar que un presidente dun Goberno tivese que tragar as súas ideas e tivese que saír a anunciar publicamente a retirada da reforma dunha lei e que o "pai" antano orgulloso desta, se vise abocado a presentar a súa dimisión. Pero, por desgraza, as ameazas continúan e a realidade obríganos a seguir en alerta. En alerta porque o Tribunal Constitucional ten que resolver un recurso presentado polo PP contra a Lei de 2010, porque Rajoy xa anunciou que pretende modificar algún artigo da norma actualmente en vigor (que evidentemente vai ir na liña de quitar dereitos) e porque, en definitiva, non podemos esquecer que o anteproxecto de lei foi aprobado en decembro de 2013 por todo un Consello de Ministros e, en consecuencia, houbo un apoio explícito de cada unha das ministras e ministros a ese texto retrógrado e machista agora retirado. Polo tanto, hoxe o feminismo e boa parte da sociedade estamos de parabéns, pero sempre con cautelas e sempre buscando seguir dando pasos adiante. Neste punto encontrámonos e así trasladarémolo xa este domingo, cando en todas as cidades galegas reivindicaremos un aborto libre, seguro e gratuíto con motivo do Día Internacional pola Saúde Sexual e Reprodutiva das Mulleres. E nesa loita, a das mulleres, seguiremos.
Publicado en calidade de Voceira da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto
martes, 2 de setembro de 2014
O mundo ao revés
Hai quen di que nesta cidade
vivimos instalados na queixa permanente e quen afirma, pola contra, que o que
predomina é o sentimento de resignación entre a cidadanía. Posiblemente, a
verdade encóntrese a medio camiño porque, se ben é certo que razóns para estar
día si e día tamén na rúa pancarta en man hai a esgalla, tamén o é que o
castigo ao que leva sometido Ferrol dende hai uns anos polos distintos
gobernos populares causou certa desidia que se podería confundir coa aceptación
da situación actual da urbe. Unha cidade, Ferrol, denominada anteriormente
departamental ata que desapareceron as zonas marítimas, posteriormente naval, e
en breve, ante o futuro negro que parece que lle esperan aos nosos estaleiros,
non lle quedará outra que ser coñecida como a cidade do paro ou a emigración.
Claro, que tamén é posible que o que desapareza sexa directamente a cidade como tal se continúa facendo o PP da súas. E é que, lonxe de buscar unha solución ao naval, motor sen dúbida do presente e futuro de Ferrol e bisbarra, tampouco moven un dedo en buscar ou potenciar outros focos de emprego.
Ninguén dubida xa a estas alturas que Ferrol conta cos recursos naturais e patrimoniais precisos para converterse nun destino turístico de relevancia. Polo tanto, a potenciación dun turismo sostible e xerador de postos de traballo debería ser obxectivo común. Pois non, no seu empeño sen tregua de cargarse todo, o PP tamén decidiu deixar a un lado este filón, poñendo valos -no sentido literal da palabra- por case todas as rúas para executar sen xeito as obras que non fixeron en tres anos pero que agora urxen pola proximidade das eleccións. Por non falar da desatención do patrimonio, espazos públicos e zonas verdes, ou do abandono do traballo da candidatura de Patrimonio Mundial.
Iso si, o goberno local do PP agora anuncia o inicio dunha serie de visitas guiadas polo Pazo Municipal. Todo un desatino se se ten en conta que, mentres promoven esta actividade paradoxalmente chamada "Pensando en VOS", seguen limitando o acceso da cidadanía aos plenos. É dicir, turismo de “garrafón” versus participación. É ou non é o mundo ao revés?
Claro, que tamén é posible que o que desapareza sexa directamente a cidade como tal se continúa facendo o PP da súas. E é que, lonxe de buscar unha solución ao naval, motor sen dúbida do presente e futuro de Ferrol e bisbarra, tampouco moven un dedo en buscar ou potenciar outros focos de emprego.
Ninguén dubida xa a estas alturas que Ferrol conta cos recursos naturais e patrimoniais precisos para converterse nun destino turístico de relevancia. Polo tanto, a potenciación dun turismo sostible e xerador de postos de traballo debería ser obxectivo común. Pois non, no seu empeño sen tregua de cargarse todo, o PP tamén decidiu deixar a un lado este filón, poñendo valos -no sentido literal da palabra- por case todas as rúas para executar sen xeito as obras que non fixeron en tres anos pero que agora urxen pola proximidade das eleccións. Por non falar da desatención do patrimonio, espazos públicos e zonas verdes, ou do abandono do traballo da candidatura de Patrimonio Mundial.
Iso si, o goberno local do PP agora anuncia o inicio dunha serie de visitas guiadas polo Pazo Municipal. Todo un desatino se se ten en conta que, mentres promoven esta actividade paradoxalmente chamada "Pensando en VOS", seguen limitando o acceso da cidadanía aos plenos. É dicir, turismo de “garrafón” versus participación. É ou non é o mundo ao revés?
Publicado en La Voz de Galicia o 2 de setembro
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)