25. Este número de cruceiros que
ao 31 de decembro farían escala no porto de Ferrol. Sen dúbida, unha cifra
histórica que, ademais, reflicte o crecente interese deste destino en moitas
das rutas que estes enormes barcos realizan nas súas viaxes polo vello
continente.
Pero aínda que para moitas
persoas se trata dunha realidade dificilmente inimaxinable hai só unhas
décadas, froito -todo hai que dicilo- do traballo e esforzo realizado pola
Autoridade Portuaria, o certo é que desde que en outubro de 2004 atracaba o Black Prince, son máis de cen os
cruceiros que elixiron a nosa cidade para pasar unhas horas ou mesmo nalgún
caso unha xornada completa. Condicións favorables para as navieras e que tamén
valoran os cruceristas foron, e son, fundamentais á hora de consolidar este
destino.
Como usuaria -cando podo- deste
tipo de turismo, aprezo dunha forma especial as súas vantaxes, tanto para quen
decide embarcarse -nunca mellor dito- nunha singradura a bordo destas
auténticas cidades flotantes, como para quen os recibe, xa que se trata dunha
magnífica forma de facer negocio.
De feito, recentemente
comerciantes e hostaleiros locais recoñecían que empezan a percibir os efectos deste turismo.
Pero non é suficiente. As escalas dos cruceiros na cidade han de servir non só
para que a Autoridade Portuaria faga caixa e se deixe notar lixeiramente en
catro ou cinco establecementos locais, senón que deben ser un auténtico
elemento dinamizador nunha cidade que precisa urxentemente de recursos para
saír adiante.
Nada teño en contra de cidades como Santiago -máis ben
todo o contrario-, pero as institucións implicadas -e aquí o Concello xoga un
papel principal- teñen que ofrecer alternativas para que, fronte ao que ocorre
en moitas escalas, a maior parte da pasaxe quede na cidade e non marche de
visita a Compostela, Betanzos ou a Coruña.
Ademais de facilitar o transporte ao centro da cidade, como xa se fai
coas lanzadeiras, Concello, Porto e mesmo asociacións de comerciantes e
hostaleiros deben axuntar esforzos para incrementar a oferta con rutas
competitivas onde o patrimonio urbano e rural -que o temos-, gastronomía e
produtos de diversa índole déanse a man e configuren un arco de posibilidades
que atraian a quen viaxa a bordo destes barcos. E esta oferta debe comezar
cunha mellora da nosa fachada marítima, do porto, integrando o Fernández
Ladreda na cidade e dotando ás instalacións de todo o necesario para cidadáns e
turistas. Fagamos de Ferrol un referente no turismo marítimo.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2016/10/25/cruceiros/0003_201610F25C4992.htm