Conmemoramos o 8 de marzo como Día Internacional das Mulleres, unha
data na que o carácter festivo que caracteriza a esta xornada
tínguese polas reivindicacións que facemos ante o deterioro
alarmante dos nosos dereitos e liberdades.
Estamos asistindo a un desmantelamento das políticas de igualdade
polos Gobernos central e da Xunta coa manida excusa da crise. Estamos
asistindo a unha utilización das mulleres e a un “mercadeo” dos
nosos dereitos, como é o da maternidade, atacando a un colectivo más
vulnerable, o das mulleres máis novas e nunha situación familiar e
persoal complexa e difícil. Estamos asistindo a un intento de
eliminar ás mulleres do mercado de traballo para levarnos de novo ás
nosas casas, aplicando unha Reforma Laboral claramente ideolóxica
que, ademais, incrementa as fondas brechas existentes. E, por
desgracia, os resultados están aí.
En Galicia, donde os salarios son os segundos máis baixos do Estado,
a desigualdade é aínda maior, xa que a estes soldos inferiores hai
que engadir que a brecha salarial se ten incrementado por riba da
media –case un punto máis de diferencia no último ano-,
situándose nun 24,2%.
O ano 2014, ademais, foi pésimo para o emprego feminino en Galicia,
inverténdose a tendencia de anos anteriores e rematando cunha taxa
de paro femenino superior á masculina. E é que na nosa comunidade
se teñen perdido case 51.000 postos de traballo de mulleres no
último lustro. Nada máis e nada menos que o 10%...
Non podemos esquecer tampouco a temporalidade e precariedade laboral
femininas. Unha de cada catro mulleres ten un contrato temporal
obrigado e non escollido, e estas circunstancias teñe unha especial
incidencia nas mulleres máis novas, ás que unicamente lles quedan
dúas opcións: a de marchar fóra ou a de vivir alternando a
temporalidade e precariedade laboral con etapas de desemprego.
Pero, fronte a este escenario case desolador, as mulleres socialistas
non nos doblegamos. Un ano máis, acompañamos ás organizacións
feministas en defensa dos nosos dereitos e libertades e reiteramos o
noso compromiso en defensa da igualdade entre mulleres e homes.
Porque apostando pola igualdade apostaremos polo progreso, polo
presente e polo futuro.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2015/03/08/8-marzo/0003_201503G8P19991.htm
Ningún comentario:
Publicar un comentario