Nacer muller neste país
sempre levou consigo unha serie de cargas adicionais ao mero feito de existir
que, segundo a época, repercutiron nos seus dereitos, relacións e o seu modo de
vida con maior ou menor virulencia.
Despois de corenta anos de invisibilidade e anulación por parte do réxime franquista, levabamos case outros tantos de avances considerables na aprobación e desenvolvemento de leis –todas promovidas polo Partido Socialista-, que se traduciron en dereitos e ampliación de cotas de liberdade para as mulleres a todos os niveis. A Lei de Igualdade, a de saúde sexual e reprodutiva e da IVE, a integral contra a violencia de xénero e mesmo a Lei de Dependencia, co recoñecemento laboral dos coidados que de forma histórica viñeron prestando maioritariamente as mulleres, supuxeron un fito en materia de igualdade.
A vitoria por maioría absoluta en 2011 do Partido Popular supuxo o inicio do fin de todos estes dereitos. A idea da muller na casa coa pata quebrada, como esposa abnegada e nai (si ou si) dos fillos que Deus queira, empezouse a impoñer non só en declaracións de políticos e -o máis grave- políticas do PP, senón a golpe de decretos e leis retrógradas e mchistas. A última, a reforma da chamada Lei do Aborto do ministro ultradereitista Gallardón, disfrazado durante anos de progre no Concello de Madrid.
Esta "contrarreforma", que provocou que ata Europa reclame que sexa retirada nun debate no Parlamento sen precedentes, non só supón un atentado contra a saúde das mulleres -sobre todo para aquelas que non teñen os recursos para abortar no estranxeiro-, ou un revés aos avances conseguidos en prevención de embarazos non desexados, senón que ademais leva consigo a anulación da muller en si mesma. Porque se a muller non pode decidir sobre o seu corpo e, mesmo nos escasos supostos nos que se permite interromper o embarazo os que deciden son outros, xa non podemos falar de muller en igualdade co home; nin sequera como persoa adulta e con razocinio. Porque o PP pretende levar á muller ás cavernas e á invisibilidade e sometemento máis absoluto.
E iso o Partido Socialista
non o vai tolerar. As mulleres socialistas non estamos dispostas a dar un paso
atrás. Nin un.Despois de corenta anos de invisibilidade e anulación por parte do réxime franquista, levabamos case outros tantos de avances considerables na aprobación e desenvolvemento de leis –todas promovidas polo Partido Socialista-, que se traduciron en dereitos e ampliación de cotas de liberdade para as mulleres a todos os niveis. A Lei de Igualdade, a de saúde sexual e reprodutiva e da IVE, a integral contra a violencia de xénero e mesmo a Lei de Dependencia, co recoñecemento laboral dos coidados que de forma histórica viñeron prestando maioritariamente as mulleres, supuxeron un fito en materia de igualdade.
A vitoria por maioría absoluta en 2011 do Partido Popular supuxo o inicio do fin de todos estes dereitos. A idea da muller na casa coa pata quebrada, como esposa abnegada e nai (si ou si) dos fillos que Deus queira, empezouse a impoñer non só en declaracións de políticos e -o máis grave- políticas do PP, senón a golpe de decretos e leis retrógradas e mchistas. A última, a reforma da chamada Lei do Aborto do ministro ultradereitista Gallardón, disfrazado durante anos de progre no Concello de Madrid.
Esta "contrarreforma", que provocou que ata Europa reclame que sexa retirada nun debate no Parlamento sen precedentes, non só supón un atentado contra a saúde das mulleres -sobre todo para aquelas que non teñen os recursos para abortar no estranxeiro-, ou un revés aos avances conseguidos en prevención de embarazos non desexados, senón que ademais leva consigo a anulación da muller en si mesma. Porque se a muller non pode decidir sobre o seu corpo e, mesmo nos escasos supostos nos que se permite interromper o embarazo os que deciden son outros, xa non podemos falar de muller en igualdade co home; nin sequera como persoa adulta e con razocinio. Porque o PP pretende levar á muller ás cavernas e á invisibilidade e sometemento máis absoluto.
Publicado en La Voz de Galicia. Enero de 2014
Ningún comentario:
Publicar un comentario