tag:blogger.com,1999:blog-83943735582085655992024-03-18T20:29:53.578-07:00El baúlUn espacio para compartir ideas / Un espazo para compartir ideas
Eva M. Monterohttp://www.blogger.com/profile/03617457787720699419noreply@blogger.comBlogger54125tag:blogger.com,1999:blog-8394373558208565599.post-15047741554654747422017-02-19T12:34:00.000-08:002017-02-19T12:34:26.154-08:00Cruceiros
25. Este número de cruceiros que
ao 31 de decembro farían escala no porto de Ferrol. Sen dúbida, unha cifra
histórica que, ademais, reflicte o crecente interese deste destino en moitas
das rutas que estes enormes barcos realizan nas súas viaxes polo vello
continente.<o:p></o:p>
Pero aínda que para moitas
persoas se trata dunha realidade dificilmente inimaxinable hai só unhas
décadas, froito -todo hai que dicilo- do traballo e esforzo realizado pola
Autoridade Portuaria, o certo é que desde que en outubro de 2004 atracaba o Black Prince, son máis de cen os
cruceiros que elixiron a nosa cidade para pasar unhas horas ou mesmo nalgún
caso unha xornada completa. Condicións favorables para as navieras e que tamén
valoran os cruceristas foron, e son, fundamentais á hora de consolidar este
destino.<o:p></o:p>
Como usuaria -cando podo- deste
tipo de turismo, aprezo dunha forma especial as súas vantaxes, tanto para quen
decide embarcarse -nunca mellor dito- nunha singradura a bordo destas
auténticas cidades flotantes, como para quen os recibe, xa que se trata dunha
magnífica forma de facer negocio.<o:p></o:p>
De feito, recentemente
comerciantes e hostaleiros locais recoñecían que empezan a percibir os efectos deste turismo.
Pero non é suficiente. As escalas dos cruceiros na cidade han de servir non só
para que a Autoridade Portuaria faga caixa e se deixe notar lixeiramente en
catro ou cinco establecementos locais, senón que deben ser un auténtico
elemento dinamizador nunha cidade que precisa urxentemente de recursos para
saír adiante.<o:p></o:p>
Nada teño en contra de cidades como Santiago -máis ben
todo o contrario-, pero as institucións implicadas -e aquí o Concello xoga un
papel principal- teñen que ofrecer alternativas para que, fronte ao que ocorre
en moitas escalas, a maior parte da pasaxe quede na cidade e non marche de
visita a Compostela, Betanzos ou a Coruña.
Ademais de facilitar o transporte ao centro da cidade, como xa se fai
coas lanzadeiras, Concello, Porto e mesmo asociacións de comerciantes e
hostaleiros deben axuntar esforzos para incrementar a oferta con rutas
competitivas onde o patrimonio urbano e rural -que o temos-, gastronomía e
produtos de diversa índole déanse a man e configuren un arco de posibilidades
que atraian a quen viaxa a bordo destes barcos. E esta oferta debe comezar
cunha mellora da nosa fachada marítima, do porto, integrando o Fernández
Ladreda na cidade e dotando ás instalacións de todo o necesario para cidadáns e
turistas. Fagamos de Ferrol un referente no turismo marítimo.<o:p></o:p>
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2016/10/25/cruceiros/0003_201610F25C4992.htmEva M. Monterohttp://www.blogger.com/profile/03617457787720699419noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8394373558208565599.post-79407363873756442152017-02-15T23:14:00.002-08:002017-02-15T23:14:09.545-08:00Facer camiño
O outro día chamoume a atención atoparme no Obradoiro de
Santiago aos alcaldes desa cidade e da Coruña comparecendo ante os medios. Unha
sorpresa motivada pola insistente énfase anticlerical dos rexedores de Mareas e
porque estaba a celebrarse ante a catedral e co deán. <o:p></o:p>
A miña inicial sorpresa transformouse en indignación cando,
horas máis tarde, lin que a visita do alcalde coruñés tiña como obxectivo
conseguir a Compostela para quen realizaba o Camiño Inglés desde a cidade
herculina. Todo un cúmulo de despropósitos se temos en conta eses principios
ideolóxicos que din levar á práctica ao extremo pero, sobre todo, porque se
falaba do Camiño Inglés coma se non existise xa e coma se non saíse (ademais)
dun municipio, onde, por certo, tamén está a gobernar un alcalde da mesma onda,
que non se atopaba entre a comitiva.<o:p></o:p>
Ao gran. O Camiño Inglés está recoñecido desde Ferrol, xa que
para que a Igrexa outorgue a Compostela téñense que percorrer máis de 100
quilómetros, unha distancia que se supera neste caso e non o fai na ruta que
parte desde A Coruña. Pero, máis aló de cuestións “eclesiásticas” -non menores cando falamos dunha peregrinaxe que
moita xente realiza por razóns relixiosas-, o Camiño converteuse nunha poderosa
ferramenta turística e cultural para os municipios polos que se pasa. E o
inglés -o preferido outrora por peregrinos dos países Escandinavos, Flandes, Países
Baixos, Bálticos, do norte de Francia e, ante todo, polos romeus ingleses e
irlandeses para chegar a Galicia -, non é menos, tal e como o constatan os
últimos datos. Por iso, o feito de que se “oficialice” a ruta desde A Coruña
pode supoñer un verdadeiro problema para a nosa cidade. Porque, digo eu, se
quixesen revitalizar o Camiño Inglés no seu conxunto, contarían os dous
alcaldes co de Ferrol, non? E se quixesen establecer unha colaboración para
mellorar esa ruta e non caer en algo así como unha “competencia desleal”, tamén
o chamarían, non? Claro, que os feitos ocorridos hai uns días apuntan ao
contrario.<o:p></o:p>
O Camiño Inglés debe ser potenciado e, sobre todo, mellorado.
É necesario contar cun albergue en Ferrol -cidade e, a poder ser, en Ferrol
Vello-, cunha mellor sinalización -existía un proxecto de Eduardo Hermida moi
interesante respecto diso- e con mellores infraestruturas -tanto á saída como
ao seu paso por diferentes lugares da comarca, onde a falta de mantemento e
atención é máis que notoria-. Así que
fagamos camiño, pero non só ao andar, senón tamén con propostas e
reivindicacións. Que outros non perden o tempo.<o:p></o:p>
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2016/12/31/span-langglfacer-caminospan/0003_201612F31C4993.htm
Eva M. Monterohttp://www.blogger.com/profile/03617457787720699419noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8394373558208565599.post-42959528471667205122017-02-14T23:14:00.004-08:002017-02-14T23:14:48.383-08:00Perder o tren
Levamos moitos anos advertindo de
que Ferrol perde o tren. E, esta vez, a frase non se debe entender en sentido
figurado, senón que realmente Ferrol está en risco de perder o tren dun modo
literal. Os últimos datos ofrecidos por Renfe confirmaban que a comarca perdeu
nun ano ao redor de 10.000 viaxeiros. Esta cifra, realmente elevada, case
resulta pequena se temos en conta a calidade do servizo en Ferrolterra, e
constata que, fronte ao que ocorre noutras localidades de España e mesmo de
Galicia, o ferrocarril aquí vai de mal a peor.<o:p></o:p>
As razóns? Pois creo que son
evidentes: malas frecuencias con horarios imposibles, traxectos cunha duración
similar á que se produciría se a viaxe se fixese andando e uns prezos que,
atendendo ás circunstancias anteriores,
non son en absoluto competitivos.<o:p></o:p>
Por tanto, que Ferrol e comarca
perdan viaxeiros non debe sorprender a ninguén. E o que tampouco debe
sorprender é o dobre xogo da Xunta e do Goberno central, que mentres por unha
banda nos “entreteñen” con boas intencións, falando de estudos, proxectos e
demais contos, cando realmente teñen que definirse, é dicir, nos respectivos
orzamentos e votando nos Parlamentos, o non é a palabra comodín. O último
exemplo, a votación do PP no Hórreo a unha
iniciativa para implantar un servizo de cercanías entre A Coruña e Ferrol.
Un servizo que resulta máis que necesario se queremos promover o tren como
medio principal de transporte e que o propio informe Tren 2020 -por certo,
incide en que Ferrol, xunto con Lugo, son as cidades máis esquecidas e
desconectadas de Galicia- considera como actuación prioritaria.<o:p></o:p>
Por tanto, estamos ante o pez que
morde a cola. Os gobernos seguen esquecendo a Ferrolterra -non só por tren,
senón que temos outros exemplos, máis ou menos recentes, como a tardía chegada
da AP9, a Transcantábrica que decidiron que fose polo interior ou os accesos ao
porto exterior que, malias as últimas noticias, aínda aínda esperan polo
ferrocarril-, e ese abandono en investimentos e proxectos arroxa datos como os
coñecidos estes días atrás. Moito me temo que estas cifras -que seguirán costa
abaixo se non se toman as medidas axeitadas- servirán ás administracións para
eliminar máis e máis servizos ata que o tren desapareza. Eliminados polo que
non son outra cousa que consecuencia das súas propias decisións. Ferrol perderá
o tren se non o evitamos. Estamos a tempo.<o:p></o:p>
Eva M. Monterohttp://www.blogger.com/profile/03617457787720699419noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8394373558208565599.post-567651129044763932017-02-11T02:06:00.002-08:002017-02-11T02:06:43.439-08:00Proxecto de cidade, proxecto de vida
Imaxino que, do mesmo xeito que
me ocorre a min, moitas ferrolás e ferroláns atopámonos nunha situación similar
á dunha ruela sen saída, asistindo ao desmantelamento laboral, social e
demográfico dunha cidade que pasou de ser unha das máis dinámicas e ricas de
Galicia, a converterse en sinónimo de paro, ruína e decadencia.<o:p></o:p>
Pero o carácter ferrolán –que o
temos- e o inconformismo ideolóxico
propio da nosa orixe, aderezado cunha gran dose de terquedade e de optimismo,
leváronnos a coller todas as ferramentas que temos ao noso alcance para comezar
a picar nesa dura parede de pedra da
ruela en busca dunha saída. Un saída que temos o convencemento de que existe e
que poderemos alcanzar porque temos todo o necesario para logarlo.<o:p></o:p>
Este símil explica a nosa razón
de ser. Somos persoas, homes e mulleres, nas que conflúen dúas ideas básicas:
amamos Ferrol -incluso o de agora, o triste e apagado- e temos unha concepción
progresista da vida e da nosa sociedade.<o:p></o:p>
Así naceu o Foro Ferrol Vivo, un
espazo de debate e de ideas, aberto e construtivo, que pretende ir moito máis
aló do meramente teórico para deseñar un verdadeiro proxecto de cidade. Un
proxecto dunha cidade moderna, habitable, humanizada, con boas comunicacións e, sobre todo, con postos
de traballo para esas persoas que levan anos sen saber o que é cobrar unha
nómina a fin de mes e para a mocidade, que foxe ante a imposibilidade de
empezar unha vida.<o:p></o:p>
Somos realistas. Sabemos que os
obxectivos son moi complicados e que en todos estes anos houbo diversos
intentos cos seus respectivos fracasos. Pero para comezar esta ardua tarefa de
derrubar o muro -que na nosa cidade, por certo, adquire un particular
simbolismo- contamos con pico e pa, é dicir, cun equipo de xente ilusionada e
cunha tremenda vontade de traballo e ganas de cambio, e cun potencial
patrimonial, natural, tecnolóxico e humano que creo que a estas alturas ninguén
cuestiona. <o:p></o:p>
Sen censuras e sen tabús, pero
sempre desde unha perspectiva positiva. Xa está ben de flaxelarse, de
autocastigarse e de utilizar a crítica
constante cara a todo e cara a tod@s.
Miremos a adiante e traballemos sen descanso por un Ferrol vivo, o que
estou segura moitas e moitos desexamos, porque iso non é outra cousa que a de
loitar da man por un proxecto de cidade, por un proxecto de vida.<o:p></o:p>
Eva M. Monterohttp://www.blogger.com/profile/03617457787720699419noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8394373558208565599.post-63350196449185940772017-02-08T12:27:00.000-08:002017-02-08T12:27:37.799-08:00Dedicacións en exclusiva
das dedicacións exclusivas/parciais no Concello de Ferrol é, por empregar un
termo suave, surrealista. Talvez sexa porque o que está a ocorrer na propia corporación tamén o provoque, porque o
certo é que estamos ante unha situación inaudita, onde goberna un grupo con
seis edís de FeC máis dous non adscritas e fronte a esta suma de oito sitúanse,
nin máis nin menos, que 17 persoas pertencentes a catro partidos.
tarefa de gobernar con oito -quede dito de antemán que non defendo esta opción,
como xa non o facía, polas dificultades que entrañaba, co pacto FecC /PSdeG sen
incluír a un BNG que garantía o fatídico 13 que outorga a maioría en pleno-, algunhas
e algúns decidiron complicar máis, se cabe, as cousas.
agora debe dar máis traballo estar na oposición que no goberno, tal e como se
deduce das dedicacións exclusivas aprobadas nun polémico pleno grazas a un
pacto antinatura entre socialistas e populares. Así as cousas, as dedicacións
exclusivas, isto é cobrar un soldo -non excesivamente elevado, certo é, pero
polo menos digno- e cotizar, repartíronse de modo que grupos que actualmente
teñen tres concelleiros contan con dúas exclusivas/parciais ou que, con once
edís, cinco atópense nesta situación. E, mentres, o goberno de oito debe facer
o seu traballo con catro, incluida a do alcalde.
entender cómo se pode desenvolver a tarefa de goberno, sobre todo nunha cidade
como a nosa, cunhas necesidades moi especiais e urxentes, cando se ha de
compatibilizar o traballo de concelleiro co que se teña máis aló da praza de
Armas. Gustaríame entender como podemos dignificar a política se priman os
intereses de quen fixo da mesma un modo de vida e, por tanto, ten
funcionarizada a súa situación laboral nunha ou outra administración. En
definitiva, gustaríame saber as razóns, máis aló do estritamente numérico,
polas que a oposición cobra máis que o goberno, sexa da cor que sexa.
para “tombar” a un goberno existen fórmulas legais, como a moción de censura,
sen necesidade de “asfixiar” a un goberno que xa per se ten escasa maniobra de actuación –situación na que,
efectivamente, o alcalde ten moita responsabilidade-. Salvo que esta segunda
fórmula teña outro obxectivo que, me da, nada ten que ver con buscar solucións
para que esta cidade avance.
Eva M. Monterohttp://www.blogger.com/profile/03617457787720699419noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8394373558208565599.post-43196194705335771262017-02-06T11:37:00.000-08:002017-02-06T11:37:01.251-08:00Peonalización
Supoño que a estas alturas da película a ninguén se lle
ocorre pensar que nunha cidade como Santiago poderían circular coches coma se
tal cousa polo seu centro histórico. Do mesmo xeito que noutras moitas
localidades, a decisión de peonalizar foi polémica e enfrontou a unha parte de
veciños, hostalería e comercio co goberno municipal, pero a realidade é moi
túzara e demostrouse que, tal e como defendían os responsables locais, a aposta
por este modelo era a adecuada.<o:p></o:p>
E era a adecuada porque os dous alcaldes que cambiaron
Santiago e convertérono no que é hoxe, os socialistas Xerardo Estévex e Sánchez
Bugallo, tiñan na súa cabeza perfectamente definido o modelo de cidade que
querían e que precisaba a cidadanía. Unha visión de conxunto, integradora,
rehabilitadora e de humanización de espazos.<o:p></o:p>
A peonalización é moito máis que cortar unha rúa ao tráfico
rodado. E iso é o que en cidades como Santiago fíxose ben, e noutras, como
Ferrol, fíxose polo menos regular. Cando se decide desenvolver un modelo de
peonalización dun barrio, como é o caso da Magdalena, é importante contar co
visto e prace dunha parte -a poder ser maioritaria- da veciñanza e
comercio/hostalería da zona, e ese acordo, a priori difícil, seguro que resulta
moito máis sinxelo de alcanzar se se fan os “deberes”. <o:p></o:p>
Para iso, debemos definir obxectivos. Para que queremos
peonalizar? Que obxectivos perseguimos? Porque a eliminación do tráfico non é
unha simple decisión para reducir
contaminación, senón que persegue a humanización de espazos, por unha banda, e
a dinamización demográfica e económica, por outra, combinando así o goce da
cidadanía co despegamento económico do barrio e a conservación patrimonial.<o:p></o:p>
Cumpre A Magdalena todos estes requisitos? Existe un plan de
dinamización comercial? Está a desenvolverse algún plan de vivenda para asentar
poboación nova nun barrio que se está empezando a caer como o de Ferrol Vello?
Dispoñemos dun plan de de mobilidade da cidade que defina e potencie o transporte
público e concrete aparcadoiros en barrios periféricos? Estudáronse as razóns
polas que a peonalización non funcionou nalgunhas das rúas do centro da nosa
cidade? Son moitas preguntas, e talvez demasiado complexas. Por iso, tomar
decisións drásticas poden acarrear consecuencias terribles para unha cidade que
non se pode permitir máis erros. Peonalizar si, pero con cabeza, perspectiva e
sentido.<o:p></o:p>
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2016/10/13/peonalizacion/0003_201610F13C5993.htmEva M. Monterohttp://www.blogger.com/profile/03617457787720699419noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-8394373558208565599.post-86442310736792365592016-07-30T09:51:00.000-07:002016-08-27T09:51:56.366-07:00Xogando coa igualdade
Soan campás de eleccións. E
comeza o particular show do PP.
Alentados por un máis que satisfactorio -dado o panorama- resultado nos
comicios do 26-X e co obxectivo de revalidar a súa enésima maioría absoluta, o
Partido Popular de Galicia púxose ao choio cunha nova campaña de anuncios e
medidas electoralistas.<o:p></o:p>
Nesta especie de mercadillo do
todo vale por un voto, as mulleres
convertémonos en branco da diana. Así que os mesmos que, ofendidísimos, acusaban
á oposición de utilizar politicamente ás vítimas de violencia machista cando,
por exemplo, se pediron diferentes comparecencias e explicacións ante brotes
alarmantes de asasinatos machistas ou, por poñer outro exemplo, despois dos
salvaxes recortes dos últimos anos, non o pensaron nin un segundo e decidiron
lanzar unha ofensiva de anuncios electoralistas coa igualdade como
protagonista.<o:p></o:p>
Primeiro foi cun tema tan
delicado como o das axudas ás mulleres vítimas de violencia machista. Despois
de anos de Goberno negándose sistematicamente a ampliar a todo o ano a
convocatoria de solicitudes do chamado salario da liberdade para que todas as
mulleres puidesen solicitalo, tiveron que chegar unhas eleccións que se
presumen complicadas para o PP para votar a favor. Iso si, con trampas e
condicións, xa que será o próximo Goberno que salga das urnas de outono o que
teña que modificar a Lei de 2007.<o:p></o:p>
E, cando xa parecía que o
electoralismo neste ámbito estaba cuberto, e despois de cargarse dunha plumada
Educación para a Cidadanía, van e
presentan unha materia sobre igualdade, que anuncian aos catro ventos e venden
como a proba palpable do compromiso da Xunta coas políticas de igualdade.
Claro, que o fan a mediados de xullo, cos centros xa finalizando a tramitación
das matrículas e, por tanto, con escasas -ou nulas- posibilidades de que entre
en funcionamento durante o curso académico 2016/17. De feito, como nai dun neno
que accede a 1º da ESO (un dos dous cursos onde se supón que se vai a
impartir), podo asegurar que hai días que formalicei a súa matrícula e en
ningún caso déuseme dita opción.<o:p></o:p>
Escarbando un pouco máis,
atopámonos con que se trata dunha materia voluntaria para os centros e optativa
para o alumnado de 1º e 2º da ESO que, se pasados todos estes obstáculos,
deciden cursala, recibirán unha suposta formación en igualdade durante unha
hora á semana por parte de alguén a quen non se lle esixirá titulación
específica ningunha. É dicir, que calquera docente -ás e os que a Xunta se
empeña ano tras ano en complicar máis a súa tarefa- poderá impartir unha
materia na que, supostamente, se abordarán cuestións tan complexas como a
violencia machista. Protocolos de actuación, formas de detección da violencia,
utilización das novas tecnoloxías ou avances lexislativos en dereitos e
liberdades das mulleres ao longo da historia son só algúns exemplos que se me
ocorren que poderían entrar nun temario -que descoñezo se existe e, se é así,
quén se encargou de realízalo e en base a qué criterios- para o que, e cae de
caixón, resulta necesaria unha formación previa.<o:p></o:p>
Así que, vendo o visto, lonxe queda este anuncio de incorporar ao
currículo a formación específica en Igualdade, educación afectivo-sexual e de
prevención da violencia de xénero en todas as etapas educativas, que é a proposta
socialista defendida e comprometida. Proposta que, por certo, incluíu o Grupo
Parlamentario do PSdeG nunha iniciativa parlamentaria presentada pola deputada portavoz
de Igualdade Carmen Acuña (o decálogo contra a violencia machista) e que, xa
inmersos nesta especie de lavado de fronte preelectoral, foi aprobada cos votos
favorables tamén do PP.
Por tanto, a cumprir co acordado,
pero sen xogos e demagoxias. Xa basta de xogar coas mulleres.<o:p></o:p>
http://praza.gal/opinion/3465/xogando-coa-igualdade/Eva M. Monterohttp://www.blogger.com/profile/03617457787720699419noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8394373558208565599.post-51286848532946571152016-07-21T09:47:00.000-07:002016-08-27T09:48:58.284-07:00"Eu non son feminista, pero..."
As vacacións son ese período do
ano que, as persoas que temos a sorte de traballar e de recibir un salario
digno (algo que nestes tempos que corren é case imposible), dedicamos a
desconectar ou, polo menos, a tentalo. Porque desconectar da realidade cando
esta móstrache tozudamente, un día si e outro tamén, a dureza da violencia e o
terrorismo machista, resulta difícil, cando non imposible. A lista de mulleres
asasinadas crece case cada día porque, por desgraza, o machismo non entende de
vacacións. Nin de vacacións nin de Gobernos en funcións ou, mellor dito, en
disfuncións e que segue mirando, como fixo ao longo dos catro anos anteriores,
para outro lado coma se nada ocorrese.<o:p></o:p>
Tamén as vacacións serven para
reflexionar. Hai uns días, chamábame a atención un comentario que facía unha
guía -muller, 28 anos, para máis datos- nunha excursión por Kotor, unha
magnífica cidade montenegrina. Argumentaba ela, á hora de explicarnos a forma
de ser da poboación do seu país que, “eu non son feminista, pero aquí os homes
fan o que lles dá a gana e as mulleres son a que coidan a casa e aos nenos. E
iso eu non o comparto”. “Eu non son feminista, pero…”, unha frase que, polo que
veño observando dende hai tempo, é mundialmente utilizada ou, creo, mal
utilizada. Vexamos:<o:p></o:p>
“Eu non son feminista, pero”…
rexeito e combato calquera tipo de violencia contra as mulleres. <o:p></o:p>
“Eu non son feminista, pero”…
quero ter dereito sobre a miña maternidade e o meu corpo.<o:p></o:p>
“Eu non son feminista, pero”…
quero traballar, acceder ao mercado laboral en igualdade de condicións e
recibir o mesmo salario que un home polo mesmo posto.<o:p></o:p>
“Eu non son feminista, pero”…
aposto pola corresponsabilidade, por implicar aos homes no coidado de
dependentes e dos seus fillos e fillas.<o:p></o:p>
En definitiva, “eu non son
feminista, pero” defendo e reivindico a igualdade entre homes e mulleres, os
mesmos dereitos e liberdades.<o:p></o:p>
Pois ben, todas estas mulleres
que aseguran non ser feministas, o son. Porque o feminismo non é outra cousa
que defender a igualdade entre mulleres e homes e rexeitar calquera forma de
conduta machista. Evidentemente, o compromiso con estes obxectivos pode ser
maior ou menor, pero considerar o feminismo a priori como o contrario ao
machismo é, sen dúbida, un dos maiores erros nos que podemos caer,
especialmente cando as que realizamos
afirmacións como a que estamos a analizar somos nós, as mulleres. <o:p></o:p>
Talvez o problema radique, unha
vez máis, na educación ou, máis ben, na súa ausencia. Evidentemente, é
necesario -e, ante os datos que imos coñecendo sobre desigualdades en
diferentes ámbitos, e dunha forma especial, no que se refire á violencia, tamén
urxente- investir recursos na educación en igualdade. Pero esta tarefa debe comezar
polo principio e, así, o “Tema 1” –por dicilo dalgún xeito- debe ser o da
explicación de conceptos fundamentais, como a definición de feminismo. Estou
segura de que dariamos un paso adiante e moitas máis mulleres evitarían o ter
que utilizar esa coletilla que parece fuxir dun rexeitamento social totalmente
inxustificado. E moitas máis mulleres entoarían o “Eu son feminista. Sen peros”.<o:p></o:p>
http://praza.gal/opinion/3461/leu-non-son-feminista-perohr/Eva M. Monterohttp://www.blogger.com/profile/03617457787720699419noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8394373558208565599.post-8369440421498227912016-06-30T09:44:00.000-07:002016-08-27T09:45:59.622-07:00Novos tempos, novas familias
Fai algo menos dun mes, concretamente o 15 de
maio, celebrábase o Día Internacional das Familias, unha data que se instaurou
en 1994 para recoñecer a importancia das familias e o papel que xogan en todos os
ámbitos. Pero, ademais, desde o momento no que se decidiu dedicar un día ás
familias, tamén se quixo poñer un especial acento nos diferentes modelos
existentes.<o:p></o:p>
Ao
longo da historia, o sistema patriarcal predominante monopolizou o seu modelo,
baseado tamén nos preceptos cristiáns, consistente en papá, mamá e fillos e
fillas. Este modelo foi, con máis ou menos implicación das administracións -supoño
que moitas persoas lembran aínda esas imaxes en branco e negro do NODO con eses
600 nos que se metía a presión a oito ou dez integrantes da mesma familia, que
eran moi do gusto do Réxime- o que se
impuxo ata fai relativamente pouco tempo.<o:p></o:p>
E non
é que non existisen outras opcións; non é que non houbese homosexualidade, ou
parellas que querían deixar de convivir ou “de facto” era coma se non o
fixesen, ou mulleres que non desexaban seguir adiante co seu embarazo. O que
sucedía era, por unha banda, que non existía o marco legal necesario e, por
outra, que tampouco había unha educación social que deixase de estigmatizar ou
mesmo castigar a quen optaba por unha opción diferente á “estándar”.<o:p></o:p>
Despois
de moitos anos escuros, tivo que chegar ao poder o Partido Socialista para,
primeiro con leis que agora parecen mornas ou mesmo “trasnoitadas”, como a
primeira Lei do Divorcio de 1981 ou a Lei do Aborto de 1985, recoñecesen estes
dereitos e liberdades para moitas, miles, de persoas que se atopaban nalgunha
das situacións anteriormente expostas e non atopaban saída nin solución. E, coa
paréntese que supuxeron os dous Gobernos Aznar, volveu ser o Partido
Socialista, cun presidente Zapatero realmente comprometido coa igualdade a
todos os niveis e en todos os ámbitos, o que deu o verdadeiro paso adiante no
recoñecemento, non só a través de leis senón tamén de políticas transversais,
de dereitos civís e sociais que puxeron a todos os tipos e clases de familias
ao mesmo nivel.<o:p></o:p>
A Lei
de Matrimonio Igualitario, a Lei de Dependencia, a Lei de Igualdade de
Oportunidades entre Homes e Mulleres, ou a Lei Integral de Saúde Sexual e
Reprodutiva e de Interrupción Voluntaria do Embarazo son algúns exemplos -de
vital importancia, doutra banda- desta política baseada en principios como o da
igualdade e que, no caso de Galicia, o bipartido formado polo PSdeG e o BNG,
completou e potenciou con leis de rango autonómico e políticas activas.<o:p></o:p>
Estamos
de novo noutra paréntese, outra paréntese que pode -esperemos- volver pecharse.
Outra paréntese de catro anos que foi tremendamente lesivo para o
desenvolvemento destas leis e, en consecuencia, destes dereitos e, por tanto,
para tantas e tantas persoas -especialmente mulleres- e familias que viron como
o PP volvía premiar a esa familia tradicional que tanto lle gusta, en
detrimento do resto da cidadanía, que apostaría que a día de hoxe xa é unha
maioría.<o:p></o:p>
Debemos
romper con ese falso mito de que a dereita é a única que defende á familia. E
debemos facelo porque a familia non é o que decide a dereita que sexa, senón o
que as persoas establecemos como tal. Claro que a dereita e, de forma
específica, o PP defende á familia! Pero á que é inamovible e formada por home
e muller heterosexuais -e, a poder ser, que ela quede en casa- coa descendencia
que “Deus queira”. A esquerda respecta ese modelo, pero tamén ao resto de
opcións e, precisamente en aras da igualdade, defende a aplicación de políticas
de discriminación positiva para evitar a d daquelas que, precisamente pola
imposición do modelo patriarcal desde o inicio dos tempos, atópase con maiores
trabas a todos os niveis.<o:p></o:p>
Mulleres
e homes divorciados, mulleres e homes homosexuais, bisexuais e transexuais -con
e sen fillos e fillas-, mulleres que queren ser nais solteiras e mulleres que
non desexan ser nais, matrimonios ou persoas solteiras que viven con
ascendientes ou descendentes con discapacidade… Todas e todos temos o vindeiro
26 de xuño unha oportunidade para dicir un si á igualdade, un si ao cambio, un
si a un novo Goberno de dereitos e liberdades. É o momento de recuperar todo o
perdido e de avanzar cos novos tempos e as novas familias.<o:p></o:p>
http://praza.gal/opinion/3407/novos-tempos-novas-familias/Eva M. Monterohttp://www.blogger.com/profile/03617457787720699419noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8394373558208565599.post-86446519176081181612016-06-17T09:41:00.000-07:002016-08-27T09:43:24.357-07:00Leccións sobre igualdade, ningunha
Vivimos nuns
tempos de campañas case permanentes. Cunha cidadanía hastiada da política ou,
mellor dito, realmente enfadada de convivir co peor dela, as e os especialistas
en comunicación se devanan os miolos para buscar fórmulas que enganchen e
atraian para conseguir ese ben tan prezado chamado voto.<o:p></o:p>
Os partidos de
nova creación teñen moito máis fácil esta tarefa, posto que, co expediente limpo de po e palla ao non ter
no seu breve periplo responsabilidades de goberno -ou levan escaso tempo- e un
discurso centrado na rexeneración e na crítica constante cara ao que consideran
“vella política”, espertan entre o electorado ese entusiasmo que os partidos
tradicionais - antigos en historia, non vellos- non conseguen provocar.<o:p></o:p>
Por todo iso,
resulta cando menos sorprendente que estes “emerxentes”, tan afeccionados aos
xestos e símbolos, esquecesen a, nin máis nin menos, a metade da poboación: as
mulleres. <o:p></o:p>
Nunha época na
que o movemento feminista reactivouse notablemente debido aos ataques
permanentes do Partido Popular en contra de dereitos que se crían consolidados,
como o da maternidade, e ante un terrorismo machista que, lonxe de diminuírse,
converteuse nun verdadeiro problema de Estado, a visibilización das mulleres
non é cuestión baladí.<o:p></o:p>
A quen non se
nomea, non existe, E, por tanto, a linguaxe convértese nunha ferramenta
fundamental para alcanzar esta tarefa. Baixo esta premisa, obviar a linguaxe
inclusiva na propia denominación de dúas dos principais partidos emerxentes,
como Cidadáns ou Unidos Podemos, non parece o máis acertado.<o:p></o:p>
Son moitos anos
de loita, de grandes e pequenas conquistas alcanzadas grazas ao traballo arreo
de mulleres -e de homes que tamén crían na igualdade-. Son moitos anos de
esforzos, en ocasións con consecuencias tráxicas, que non poden, nin deben,
quedar en saco roto. E son moitos anos de compromiso dalgúns partidos
políticos, como o socialista, que durante os seus períodos de Goberno deu pasos
fundamentais a favor da igualdade real e efectiva entre homes e mulleres.<o:p></o:p>
Esquecer ás
mulleres na nomenclatura política vai máis aló do anecdótico porque quen non
ten en conta a súa, a nosa, existencia, tampouco ten interiorizados certos
principios básicos da igualdade. As ideas de Cidadáns sobre a violencia de
xénero -que non consideraba como tal, ata que non lle quedou máis remedio que
rectificar- ou a escasa presenza de mulleres enpostos de saída das candidaturas
ou de dirección de Podemos constitúen só algúns exemplos.<o:p></o:p>
Por iso, fronte a
esa laureada nova política, reivindico o compromiso demostrado, ao longo de 137
anos de historia, cos dereitos e liberdades das mulleres. Así que en igualdade,
leccións ao Partido Socialista, as xustas. Ou, máis ben, ningunha.<o:p></o:p>
televisión sobre prostitución e explotación sexual. A verdade é que dita cadea,
que xeralmente é criticada pola calidade da programación -que logo,
curiosamente, ve “facendo zapping”
unha boa parte da poboación-, acertou nalgunhas destas campañas de denuncia,
suplindo a miúdo o papel que debería impulsar e desenvolver o Goberno.<o:p></o:p>
cifras oscilan en función da fonte neste e en calquera outro tema-, dicir que
máis do 80% das mulleres que exercen a prostitución -os que eu manexo superan o
90%- fano obrigadas e que en España existen, nin máis nin menos, que ao redor
de 14.000 escravas sexuais debe facernos reflexionar polo menos uns minutos
sobre o que iso significa.<o:p></o:p>
para outra banda, mentres estamos a falar de escravitude? Talvez o feito de que
á prostitución se lle coñeza como “a profesión máis antiga do mundo”, con toda
a carga psicolóxica e social que leva, non teña axudado precisamente a afrontar
o problema como o que realmente é: unha das formas máis salvaxes de exercer a
violencia contra as mulleres, consideradas como mera mercadoría. Unha violencia
á que, a cotío, súmanse outros factores estreitamente ligados á discriminación,
como poden ser unha pobreza especialmente feminizada ou a xenofobia no caso
daquelas que proceden doutros países -unha maioría que, ademais, adoitan chegar
con promesas que logo resultan ser falsas-.<o:p></o:p>
gran maioría das mulleres que exercen a prostitución non o fan de forma
voluntaria e porque, como algunhas persoas defenden, decidiron facer co seu
corpo o que consideran oportuno, senón que se viron abocadas a iso por
diferentes razóns -algunhas delas expostas anteriormente- ou, directamente, son
escravas duns proxenetas que, sen ningún tipo de escrúpulo, contrólanas,
diríxenas e mesmo ás veces mantéñenas sedadas e drogadas para poder salvagardar
un negocio que o Goberno de España do PP decidiu incluír no PIB? Lucrativo, por
suposto, pero indigno (e inconcibible), tamén.<o:p></o:p>
da miña vista, está o “meollo” da cuestión: a demanda. É evidente que se existe prostitución é porque hai
clientes e tamén parece obvio que se se puxese fin á demanda, tamén se
terminaría a prostitución. Por tanto, se o que queremos é acabar coa
prostitución e todo tipo de explotación sexual e trata, é necesario perseguir
dita demanda. Non podemos limitar o problema ao proxenetismo -que tamén-, senón
que debemos buscar fórmulas, como as que, por exemplo, acaban de aprobar os
nosos veciños franceses, para castigar e/ou sancionar aos clientes. Leis
integrais que acheguen solucións integrais.<o:p></o:p>
gobernos, debemos ter clara é que as mulleres
nunca poden ser as perseguidas. Pola contra, temos que garantir, por
unha banda, ese recoñecemento de vítimas -modificando, entre outras medidas, a
Lei integral contra a violencia de xénero de 2004, que non recoñece ás
prostitutas agredidas como vítimas de violencia machista, con todo o que supón-
e, por outro, garantir a reinserción social e laboral dunhas persoas
-maioritariamente mulleres- que merecen, como todas as persoas, ter unha vida
digna e ser libres.<o:p></o:p>
http://praza.gal/opinion/3360/valentia-contra-a-prostitucion/Eva M. Monterohttp://www.blogger.com/profile/03617457787720699419noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8394373558208565599.post-55334670264313644252016-04-19T08:54:00.000-07:002016-08-27T09:19:13.963-07:00Cidadás de segunda
noticia na que se informa de que o Sergas xa non pide a proba da toxoplasmose
ás mulleres embarazadas. E digo estupor porque precisamente nos meus dous
embarazos os resultados da devandita proba condicionaron en boa medida o meu
“benestar”, polo menos no relativo ao gastronómico e dixestivo. Ou dito doutro
xeito, que os dous negativos das análises impediron que durante 18 meses (nove
por cada xestación) puidese inxerir alimentos como o xamón serrano, o chourizo
ou a carne pouco feita, o que para min supuxo un verdadeiro calvario -tanto,
que supliquei ao pai do meu primeiro fillo mentres estaba de parto que baixase
á cafetería a por un bocadillo de xamón serrano para celebrar o nacemento como
correspondía-.<o:p></o:p>
consideración persoal que pode parecer un tanto cómica ou mesmo superficial,
parece que neste caso a razón que se esgrime non é de carácter ideolóxico nin
económico, pero o certo é que a medida -que, por outra banda, non se aplica de
momento en todo o territorio galego- vén sumarse a outras anteriores que si o
son. Porque os e as que din defender ás mulleres que desexan ser nais -si, falo
do Partido Popular- quedan niso, en palabrería.<o:p></o:p>
en 2004 no entón denominado Arquitecto Marcide de Ferrol sen epidural porque o
Goberno do PP da Xunta, non achegaba fondos para contratar anestesistas, e tivo
que ser o Bipartito o que, un ano máis tarde, deu resposta a esta demanda.<o:p></o:p>
desexando ser nais, vense obrigadas a abortar por razóns médicas no segundo
trimestre de embarazo, polo menos en Ferrol e A Coruña, son sometidas á
indución ao parto nunhas condicións que non se axustan ao que marcan os
protocolos internacionais. Ademais, as que, ofrecendo o Sergas esa opción,
deciden abortar en Madrid, atópanse co problema de que teñen que abonar boa
parte dos custos da viaxe. Desde logo, non son as mellores políticas para
fomentar a natalidade e animar ás mulleres, que en ocasións teñen que recibir
atención psicolóxica por estes abortos<o:p></o:p>
maioría absoluta en Madrid e Galicia, decide eliminar da carteira servizos
comúns do Sistema Nacional de Saúde o financiamento dos tratamentos de
fertilidade e de inseminación artificial ás mulleres que, paradoxalmente,
poderían precisar en maior medida devanditos tratamentos: mulleres lesbianas,
soas e maiores de 40 anos.<o:p></o:p>
pero suficientemente significativos. O Partido Popular non só decidiu manter
unha pugna contra aquelas mulleres que, exercendo o seu dereito para decidir,
non queren ser nais, senón que tamén o fai contra as que queren selo. Porque
detrás destas medidas e recortes subxace unha idea interiorizada para un amplo
sector do PP: a de considerar ás mulleres cidadás de segunda.<o:p></o:p>
avanzaremos en dereitos tan básicos como o de saúde se mantemos nas
institucións a quen non só non cren nunha sanidade pública, universal e
Eva M. Monterohttp://www.blogger.com/profile/03617457787720699419noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8394373558208565599.post-64742607721253228262016-04-03T10:31:00.002-07:002016-04-03T10:31:36.265-07:00Besteiro & Cancela
Formei parte da Comisión
Executiva de José Ramón Gómez Besteiro. Durante dous anos e medio, tiven a
oportunidade e a sorte de traballar á beira de quen foi o primeiro secretario
xeral do PSdeG saído dun proceso de Primarias. “Son fillo das Primarias”, dicía
el sempre que se cuestionaba -e foron moitas- a súa representatividade e
lexitimidade ou cada vez que se poñía en dúbida o seu modo de facer as cousas.
Fundamentalmente nos últimos tempos, a presión foise incrementado ata facerse
insoportable e insustentable e, empuxado polas imputacións dunha xuíza convertida na raíña das casualidades e
de marcar os tempos políticos -de forma moi especial os do Partido Socialista-,
Besteiro decidiu abandonar.<o:p></o:p>
Non vou ocultar a miña tristeza e
desilusión ante o ocorrido. José Ramón Gómez Besteiro non só era o mellor
candidato que tiña este partido para acabar cun Goberno terrible para Galicia
como está a ser nestes últimos anos o do Partido Popular, senón que ademais foi vítima das consecuencias dunha cuestionable decisión xudicial e, o que é
peor, dun cainismo que nestas semanas rezumaba un fedor putrefacto.<o:p></o:p>
Tampouco serei eu quen se erixa
na avogada defensora da inocencia do que foi o meu, o noso secretario xeral. Pero
si direi que se houbo unha cualidade que me resultou destacable de Besteiro ao
longo destes anos, ademais da súa capacidade de diálogo, humildade e confianza
na súa xente, é a honestidade. Ata entón, non coñecera a ninguén que realmente
tomase decisións -algunhas delas especialmente duras- pensando única e
exclusivamente no partido e, de forma moi especial, na militancia. Unha
militancia usada torticeramente en diversas ocasións por outras persoas para
aferrarse aos seus cargos. Nin presidente da Deputación, nin Senado -co que
sabemos que isto implica-, nin candidato á Xunta, nin secretario xeral do
PSdeG… Besteiro, que o podía ter todo, converteuse nun afiliado máis por
responsabilidade, respecto e entrega ao partido. <o:p></o:p>
Pero, como se adoita dicir, a
vida continúa. Sen deixar de confiar na xustiza, o presente, e parece que tamén
o futuro, do PSdeG teñen nome de muller. Porque, se algo bo ten esta situación,
é que quen tomou as rendas do partido é unha persoa que neste tempo gañouse o
posto que agora Ferraz outorgoulle.<o:p></o:p>
Traballadora, comprometida,
feminista, dialogante ata a extenuación, leal, formada e capaz, Pilar Cancela
representa á perfección esa imaxe de “nova política” que necesita nestes
momentos o PSdeG. Cunha naturalidade innata e un discurso socialista propio sen
esas frases enlatadas que usan algúns dos que fixeron da política o seu modo de
vida, Cancela ten por diante uns retos complicados, sobre todo polas frontes
abertas dentro do partido, pero non imposibles.<o:p></o:p>
Como dicimos por estas terras, os
tempos son chegados. Se queremos un PSdeG forte con vistas a liderar un Goberno
de cambio na Xunta, debemos unirnos e apoiar a quen ten a responsabilidade e
capacidade de facelo: Pilar Cancela.<o:p></o:p>
http://praza.gal/opinion/3253/besteiro-a-cancela/
Eva M. Monterohttp://www.blogger.com/profile/03617457787720699419noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8394373558208565599.post-11660785085848852332016-03-13T04:09:00.002-07:002016-03-13T04:19:22.790-07:00136 anos contra o machismo
Este é o tempo que o Partido Socialista leva loitando contra o machismo. Desde
a súa fundación. Case un século e medio do que as mulleres que formamos parte
desta agrupación podemos sentirnos orgullosas. <o:p></o:p>
parte as mulleres, e é natural que así sexa, porque se os homes necesitan
emanciparse, elas necesítano máis, por ser maior a súa escravitude, e para
acabar con ela non poden ir a outro partido, xa que soamente o socialista loita
pola desaparición de todas as esclavitudes”. Esta frase de Pablo Iglesias
(Posse, o ferrolán, o “noso”) exemplifica á perfección o que foi o socialismo
para as mulleres e, de forma especial, para a igualdade.<o:p></o:p>
celebramos o noso día, non está de máis facer unha mención e un recoñecemento a
quen loitou -e ségueo facendo- pola igualdade en todas as súas vertentes. E non
un día, senón os 365 días do ano dos últimos 136. Un partido que, ninguén o
nega, cometeu erros –que pagou, e con fartura, nas urnas-, pero que resultou
ser decisivo e clave en todas as políticas de progreso e de avance nos dereitos
e liberdades de nós, das mulleres.<o:p></o:p>
reivindicaba Iglesias Posse e que foi unha constante nestes 136 anos -pasamos
de poder formar parte do partido nuns momentos nos que a políticas era só cousa
de homes, a converternos en responsables orgánicas e institucionais e a conseguir
a aplicación das listas “cremalleira”, deixando polo medio etapas de diferente grao
de participación e as famosas cotas-, ás políticas que se impulsaron, nos nosos
gobernos, e defendido, na oposición. A igualdade efectiva no ámbito laboral, a
corresponsabilidade, a loita contra a brecha salarial, os dereitos sexuais e
reprodutivos ou a loita contra a violencia machista foron obxectivos do Partido
Socialista e así o demostramos coa elaboración e desenvolvemento de leis, tanto
a nivel estatal como da Xunta de Galicia.<o:p></o:p>
(e os homes) socialistas tamén cremos que a loita contra o machismo é
prioritaria. Con Gobernos fundamentalmente conservadores ao longo da súa
historia democrática, a desigualdade entre homes e mulleres foi superior á da
maior parte do Estado. E, así, a pesar do significativo avance rexistrado
durante o Goberno Bipartito, o certo é que as mulleres sufrimos máis paro, máis
desigualdade e máis machismo que en moitos outros territorios de España.<o:p></o:p>
debemos alzar as nosas voces e revindicarnos. Reivindicarnos como mulleres,
pero tamén como socialistas. Dicir ben alto que se algo temos desa “vella
política” da que nos acusan os que presumen de representar ao novo, é que
precisamente levamos moitos, moitos días e moitos, moitos anos, defendendo os
dereitos e liberdades das mulleres. Moitos días de moitos anos traballando por
conseguir unha igualdade que, lonxe de alcanzarse, está na actualidade en serio
perigo de ir para atrás como consecuencia dos recortes económicos, pero tamén ideolóxicos,
do Partido Popular.<o:p></o:p>
igualdade, as mulleres socialistas sabemos que debemos ir xuntas. Queremos ir
xuntas con outras mulleres, con todas aquelas coas que compartimos eses
obxectivos de igualdade, de NON rotundo a todo tipo de machismo e de conduta
discriminatoria cara ás mulleres. Por iso, o Partido Socialista de Galicia
estará e formará parte sempre de todas aquelas plataformas e organizacións onde
a inclusión, o feminismo e a loita contra a desigualdade sexan os seus alicerces
fundamentais.<o:p></o:p>
un día de traballo. Hoxe é un día de reivindicación. É o día das mulleres.
Eva M. Monterohttp://www.blogger.com/profile/03617457787720699419noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8394373558208565599.post-53470916126190171102016-02-14T04:16:00.000-08:002016-03-13T04:20:51.922-07:00Tocáronnola
Un ano por estas datas, o PSdeG, a través da Secretaría de Igualdade, en colaboración con Xuventudes Socialistas de Galicia, poñía en marcha a campaña “Que non nos toquen a lei”, en resposta á pretendida modificación por parte do PP do artigo 13.4 da coñecida como Lei do Aborto.
Coincidindo coa celebración, o 14 de febreiro, do Día da Saúde Sexual, saiamos á rúa para repartir condóns e, co lema desa iniciativa, -en claro rexeitamento a unha modificación que atentaba contra os dereitos das mulleres, especialmente das máis vulnerables, as máis novas en situación de violencia, desarraigamento ou desamparo-, poñer de manifesto a importancia que ten a educación e prevención para evitar embarazos non desexados, o fin último desta lei que xa leva no seu nome as palabras “saúde sexual e reprodutiva”.
De feito, a finais de decembro coñeciamos os datos relativos ás interrupcións voluntarias de embarazo e, por primeira vez dende 2005, os abortos en 2014 caían por debaixo dos 100.000, sendo 94.796, isto é, un 12,8% menos que o ano anterior. Este descenso, malia non afectar a Galicia, que mantén case inalterables as súas cifras –precisamente pola razóns de que non baixen vimos de preguntar ao Goberno da Xunta no Parlamento-, tamén afectou ás mulleres menores de 19 anos, pasando de 12,23 de cada mil a 9,92. E este é o terceiro descenso consecutivo.
Pois ben, pasado un ano, o PP tocóunola. Tocou unha lei que fora froito do consenso e, aínda que mellorable e revisable -como todas, por certo-, unha lei que, como amosan os datos, estaba comezando a dar os seus froitos malia non ser desenvolvida polo Partido Popular. Un ano máis tarde, as mulleres de 16 e 17 anos que quedan embarazadas e non queren ser nais, vense ante unha perigosa disxuntiva: a de abortar con garantías sanitarias, pero previa aprobación materna ou paterna mesmo nos casos nos que existe violencia intrafamiliar, desarraigamento ou desamparo, ou a de facelo de forma clandestina, co importante risco para a saúde que iso leva.
Por tanto, no Día da Saúde Sexual debemos esixir que “nos devolvan a lei” e que, por tanto, o Goberno entrante -esperemos que progresista e liderado por Pedro Sánchez, fiel defensor dos dereitos e liberdades das mulleres- recupere a lexislación anterior, para poder desenvolvela e, no seu caso, mellorala en todo aquilo que sexa preciso.
Precisamente un dos problemas principais que se detectaron nestes anos é a falta de información entre a mocidade. Así, os estudos constatan que máis do 50% das mulleres menores de idade que abortaron non tomaran -nin elas nin a súa parella, por suposto- medidas anticonceptivas. E non nesa ocasión, senón dun xeito habitual. E o mesmo ocorre coas mulleres menores de 19 anos que manteñen relacións sexuais, con independencia de que se produza ou non un embarazo. A razón? Pois imaxino que haberá varias, pero estou totalmente convencida de que o descoñecemento ou, o que é o mesmo, a nula ou escasa información e formación recibida nas súas respectivas casas e centros escolares está detrás dunha realidade que nos está retrotraendo a moitas décadas atrás.
Se queremos evitar embarazos non desexados, que como dicía antes, é o obxectivo da Lei de 2010 -o aborto non é máis que a solución última a romper cunha maternidade non desexada por parte da muller, que é quen ten e, por tanto, exerce ese dereito-, debemos poñer o acento na educación; unha educación afectivo-sexual que se imparta nos centros escolares e que teña como destinatarios a nenos e nenas desde idades temperás. Por tanto, non só é necesario recuperar Educación para a Cidadanía, como materia fundamental para que o alumnado reciba formación en valores como a igualdade, a tolerancia ou o respecto á diversidade, senón que tamén as administracións teñen que impulsar unha materia a través das que formemos a nenas e nenos, mulleres e homes informados acerca dos nosos respectivos corpos, saúde e dereitos sexuais e reprodutivos. Só con prevención e información poderemos acadar unha sociedade sexualmente saúdable.
http://praza.gal/opinion/3149/tocaronnola/Eva M. Monterohttp://www.blogger.com/profile/03617457787720699419noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8394373558208565599.post-71987713760329377882016-02-07T01:16:00.003-08:002016-02-07T01:16:44.942-08:00Azul e rosa
Azul e rosa. Coches e cociniñas.
Fútbol e ballet. Estes son só algúns exemplos do que historicamente se
considerou de nenos e de nenas, os chamados estereotipos. Uns estereotipos que
pouca importancia terían se non fose pola desigualdade que se deriva de cada un
destes conceptos. <o:p></o:p>
É dicir, a nena vestida de rosa,
xogando ás cocinitas e acudindo a clases de ballet fronte ao neno de azul,
tirado polo chan cun coche de carreiras e dando patadas nos seus intres libres
a un balón. Ou, o que é o mesmo, a calidez, a fraxilidade e a submisión fronte
á dureza, a fortaleza, a independencia e a competitividade. A inferioridade
fronte á superioridade. A muller fronte ao home. A desigualdade máxima.<o:p></o:p>
Talvez estas comparacións
resulten un pouco extremas, pero os adxectivos anteriormente mencionados -e outros moitos- son os que nos van
separando desde a infancia e vannos facendo non só diferentes -que o somos-,
senón desiguais. E da desigualdade estrutural proveñen condutas sexistas,
discriminatorias e agresivas. Por iso, a educación resulta fundamental e,
dentro ela, a ruptura deses roles asociados a un ou outro xénero.<o:p></o:p>
E igual que nos últimos tempos
sorprendeume -gratamente- atopar algúns catálogos de xoguetes nos que aparecen
nenos xogando con bebés e nenas facendo construcións, ou ver como cada vez máis
nenos utilizan a cor rosa nos seus equipamentos de fútbol -deporte no que na
actualidade hai maior presenza feminina-, o sentimento é o contrario cando constato
que a publicidade e o deporte, por seguir con estes exemplos, seguen sendo en
termos xerais escandalosamente machistas.<o:p></o:p>
E machista e claramente
discriminatorio é o que sucedeu nun centro escolar de Ribadeo, o CEIP Gregorio
Sanz, onde o profesorado inicialmente pretendía que os nenos acudisen o día da
festa de Entroido disfrazados de xogadores de baloncesto e as nenas de
animadoras. A pesar da rectificación motivada ao parecer pola queixa dalgunhas
nais e pais, o certo é que resulta como mínimo preocupante que un claustro dun
colexio público tome unha decisión destas características sen atisbar nin un
mínimo de desigualdade na mesma. Non perciben un claro tufo machista ao pedir
que os nenos acudan a clase vestidos de deportistas e ás nenas de animadoras, é
dicir, que promovan a superioridade deles fronte á submisión delas? Non se dan conta de que trasladar esa mensaxe
ao alumnado é todo o contrario á formación e educación en igualdade?<o:p></o:p>
É evidente que a resposta a estas
preguntas é non e, por tanto, debemos esixir a quen corresponde, é dicir, ás
administracións públicas e, dunha forma especial, a quen ten as competencias
fundamentais, isto é, a Xunta, que incida na educación, tanto a nivel do
alumnado como do profesorado. É evidente que nos últimos anos déronse
significativos e preocupantes pasos atrás en igualdade. Os estudos realizados
por diferentes institucións e organismos están a constatar un repunte do
machismo desde idades moi temperás, co que leva: abusos e violencia psíquica e
física. <o:p></o:p>
Os recortes económicos e
ideolóxicos do PP, tanto no Goberno de España como en Galicia, foron letais
para a educación, un dos alicerces fundamentais sobre os que se ten que asentar
a igualdade entre homes e mulleres. Por tanto, parece clave a existencia dun
goberno de progreso que teña na igualdade uno dos seus compromisos fundamentais
e que estea disposto a activar todos os recursos e medidas necesarios para
poder alcanzar este obxectivo, comezando pola formación non só de nenos e
nenas, senón tamén de quen se encarga da súa educación.<o:p></o:p>
http://praza.gal/opinion/3118/azul-e-rosa/
Eva M. Monterohttp://www.blogger.com/profile/03617457787720699419noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8394373558208565599.post-69208634547041536022016-01-31T01:24:00.002-08:002016-01-31T01:24:33.414-08:00Conciliación ou espectáculo?
As imaxes de Carolina Bescansa
chegando ao Congreso co seu bebé de apenas seis meses foron, sen dúbida, as
máis polémicas e comentadas dunha semana repletiña de información. Ao longo destes
días, homes e mulleres comentamos en medios de comunicación, redes sociais e
faladoiros varios acerca da idoneidade, ou non, da decisión da deputada de
Podemos de levar ao seu fillo ao seu posto de traballo.<o:p></o:p>
E non serei eu quen a
desautorice, posto que, como escoitei e lin nalgúns foros, ela é moi libre de
facer o que considere, sobre todo porque ten a sorte de poder facelo (non como
moitas outras persoas que non temos esa posibilidade no noso lugar de emprego).
Pero, do mesmo xeito que ela ten esa liberdade e exércea como lle place, eu
utilizo a miña para opinar e facelo, como ela, publicamente.<o:p></o:p>
Comezarei dicindo que, como
norma xeral, non me gusta en absoluto a utilización da imaxe dos e das menores
en actividades e espazos que creo que non lles corresponden. Unha cousa é que
os nenos e nenas participen do activismo político dos seus pais ou nais ou que
mesmo en ocasións as circunstancias obriguen a iso, e outra ben distinta que se
instrumentalice a imaxe dun ou unha menor -neste caso un bebé- para ser o
centro das miradas e focos. <o:p></o:p>
Tampouco considero acertado que
sexa unha muller a que expoña ante as cámaras esa idea tan interiorizada, por
desgraza, de muller-nai-coidadora. Porque creo que é contraproducente e
contraria a esa loita de moitos anos pola conciliación e, sobre todo, pola
corresponsabilidade. E porque, a maiores, o Congreso conta cunha gardería (por
non falar da aia que, ao parecer, ten a propia Bescansa -non entrarei noutro
tipo de crítica de conciencia de clase para non botar máis leña ao lume- e que
agardaba fóra para levar ao bebé despois do espectáculo mediático). <o:p></o:p>
Precisamente esta escola
infantil foi tamén criticada por algúns sectores da poboación, cos que podería
coincidir, a priori, nesa crítica tan manida nos últimos tempos sobre os
privilexios da clase política. Pero, claro, digo eu: se a realidade segue
estando lonxe da corresponsabilidade e se as mulleres temos un teito de cristal
que nos oprime e impídenos, ou polo menos complica, chegar a alcanzar certos
postos de responsabilidade, non é entón unha boa noticia que o Congreso ofreza
un servizo de gardería para poder garantir en condicións de igualdade a
presenza de mulleres no hemiciclo? Non beneficia fundamentalmente ás mulleres?
Non debe servir de exemplo para outras administracións e empresas privadas? A
gardería ou o voto telemático son, sen dúbida, dous logros importantes e, aínda
que insuficientes e limitados polo seu propio ámbito de actuación, van polo bo
camiño desa igualdade que non se pode quedar nunha bonita palabra, senón que
ten que ser un obxectivo real.<o:p></o:p>
Pertenzo a un partido que cre e
traballa pola conciliación e a corresponsabilidade para todas as nais e pais.
E, por iso, nos gobernos socialistas aprobamos o Plan Concilia na
Administración, o Plan 0-3 ou a Lei de Dependencia. E, por iso, na pasada
lexislatura presentamos unha proposición non de lei sobre a repartición dos
coidados e de igualdade salarial entre homes e mulleres que garantan de forma
real e efectiva a igualdade tanto na distribución social dos coidados e
traballos domésticos como na retribución polo desempeño dun traballo de igual
valor. E, por iso, levamos no noso programa electoral un anexo dedicado
especificamente á repartición dos tempos e medidas de conciliación e
corresponsabilidade.<o:p></o:p>
Todo isto fíxose, e seguirase
facendo e defendendo, sen necesidade de postas en escena que si, conseguiron o
protagonismo mediático que buscaban, pero que non comparto como muller, como
nai e como socialista nin nas formas nin no fondo.<o:p></o:p>
http://praza.gal/opinion/3085/conciliacion-ou-espectaculo/
Eva M. Monterohttp://www.blogger.com/profile/03617457787720699419noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8394373558208565599.post-7438705342684029652016-01-17T02:18:00.005-08:002016-01-17T21:02:24.064-08:00Mateina porque era miña
escribir un artigo de balance sobre violencia machista mentres non cesan de
chegar noticias de casos e máis casos de agresións contra mulleres. O machismo,
por desgraza, non dá treguas nin entende de procesos electorais, vacacións de
Nadal e festividades varias e, así, a poucos días de comezar un novo ano, a
estatística do Ministerio de Igualdade correspondente a 2016 empeza a tinguirse
de vermello ante varios brutais asasinatos.<o:p></o:p>
dramática. Péchase un ano, 2015, terrible en canto a número de vítimas. Nove.
Sete mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou ex parellas e dúas nenas
cuxo pai decidiu quitarlles brutalmente a vida co cruel obxectivo de vingarse
da súa ex muller.<o:p></o:p>
revelan, como que Galicia foi a terceira comunidade autónoma -unicamente por
detrás de Andalucía e Comunidade Valenciana- en número de mulleres asasinadas
por violencia machista ou que 2015 pechouse con máis vítimas que 2014 -unha
muller máis que o ano anterior-, debemos afondar nas causas e a orixe deste
repunte de violencia contra as mulleres.<o:p></o:p>
PP, tanto por parte do Goberno de España como da Xunta de Galicia, teñen moito
que ver neste incremento porque a ninguén se lle escapa que a maiores recursos,
maiores ferramentas para combater o machismo desde todos os ámbitos. Pero estes
recortes non podemos entendelos como
cifras sen máis, senón que as partidas deben ser a consecuencia dunhas
políticas definidas, transversais e contundentes contra o machismo e a
violencia que este xera.<o:p></o:p>
meu punto de vista, o Partido Popular ten cometido os maiores erros; uns erros
que cualifico como tales porque entendo que ningún partido pode compartir,
avalar ou mesmo entender as agresións contra as mulleres, pero que se sustentan
nunha ideoloxía conservadora e en ocasións claramente machista. E esta
ideoloxía é a que levou ao PP nestes anos para recortar en todo aquilo que
soaba a igualdade, o elemento principal sobre o que hai que traballar se
realmente queremos acabar con esta lacra.<o:p></o:p>
materia de Educación para a Cidadanía e reducir competencias de forma drástica,
a través da Lei de Bases de Réxime Local, aos Concellos, foron demoledores
nesta tarefa integral de loita contra a violencia machista. Unha educación en
igualdade en todos os niveis escolares e unha prevención, protección e
asistencia próximas e personalizadas resultan fundamentais para afrontar o
problema serio de machismo que padecemos.<o:p></o:p>
percibirse un incremento de condutas machistas na poboación adolescente e
xuvenil. Eles, que controlan, someten e, en ocasións, agreden ás súas parellas
física ou psicoloxicamente, e elas que, en niveis preocupantes, non só
consenten estes comportamentos, senón que os entenden e mesmo consideran sinais
de amor. Mateina porque era miña, esa frase levada ao cinema e ao mundo da
música, convértese nunha realidade cada vez máis interiorizada e asumida.<o:p></o:p>
por todas, afrontar de forma seria o problema? Non debemos apostar por unha
educación afectivo-sexual e en igualdade? Non debemos devolver aos Concellos
esas competencias que, en materia de atención ás mulleres, permitíalles ofrecer
unha atención directa ás vítimas? Non debemos deixar de escatimar recursos e
repoñer todo o que se reduciu en anos anteriores? Non debemos desenvolver na
súa totalidade e revisar a Lei Integral de 2004, adaptándoa aos novos tempos e
realidades, ampliando a súa cobertura a toda a violencia estrutural de xénero,
con independencia do tipo de relación da vítima co agresor? A resposta a todas
estas preguntas é obvia: debemos e temos que facelo de forma urxente se
queremos empezar a poñer freo a esta terrible realidade. Por iso, resulta agora
necesario máis que nunca impulsar un Pacto de Estado contra a violencia
machista. Este era un dos compromisos de Pedro Sánchez e unha das principais
tarefas que debe afrontar o próximo Goberno, agardemos que progresista. O
http://praza.gal/opinion/3050/mateina-porque-era-mina/
Eva M. Monterohttp://www.blogger.com/profile/03617457787720699419noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8394373558208565599.post-48343095733090105722015-12-30T10:00:00.001-08:002015-12-30T10:43:12.093-08:00Ningunha muller nace para puta
A valentía é unha cualidade que
engrandece aos partidos políticos. Sacar o debate á rúa daqueles temas que
afectan á sociedade, en maior ou menor medida, e adoptar medidas e posicionamentos
claros, máis aló de populismos ou, dito doutro xeito, máis aló de dirixir o
discurso cara ao que pensamos que a cidadanía pode querer escoitar, dota de
credibilidade a aqueles partidos que se “atreven” a facelo.<o:p></o:p>
E precisamente esta cualidade é
unha das que máis admiro no Partido
Socialista e que me fai sentir orgullosa de militar na devandita formación
política. E, exemplos, témolos en todos os eidos. A igualdade entre homes e
mulleres cunha lei que establece a paridade como obrigatoria e o desenvolvemento
de plans de igualdade nas administracións e empresas; a loita contra a violencia de xénero desde a
perspectiva integral e con medidas de discriminación positiva en materia penal;
ou o dereito para decidir sobre o noso corpo e sobre a nosa maternidade,
eliminando a lei de supostos (tamén socialista e entón un importante primeiro
paso) e implantando unha lei de prazos á altura moi similar á dos países
europeos máis avanzados, reflexan esta valentía, combinada á perfección cun
compromiso firme coas mulleres e a igualdade real e efectiva.<o:p></o:p>
Hai unhas semanas coñeciamos que
o PSOE daba outro paso adiante, afrontando dunha forma seria, solvente e, como
dixen antes, valente, un tema polémico, pero que necesita ser abordado dunha
vez por todas: a prostitución. <o:p></o:p>
Non podemos esquecer que foi o
Goberno socialista o que, en 2008, aprobaba un plan integral de loita contra a
trata con fins de explotación sexual e incorporaba este delito específico no
Código Penal, e foi tamén o Partido Socialista o que se opuxo nesta lexislatura
á reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial, que recorta o principio de xustiza
universal aprobada polo Congreso, porque que afectará gravemente á persecución
da trata de persoas en España. Por tanto, é evidente que a loita contra a explotación
sexual, que constitúe un dos negocios mundiais máis lucrativos -só en España, a
prostitución move ao día cinco millóns de euros ou, o que é o mesmo, 1.825
millóns ao ano- foi, e é, un dos principais obxectivos marcados na axenda
política socialista. Unha loita contra o que se ten convertido na escravitude
do século XXI, que se alimenta da
feminización da pobreza, da desigualdade entre mulleres e homes e do aumento
dos índices de violencia de xénero no mundo.<o:p></o:p>
Estas primeiras medidas e
posicionamentos públicos supuxeron unha aposta clara en contra da oferta dun
negocio, o da prostitución, que o Partido Popular, lonxe de combater de forma
decidida, decidiu incluír no PIB, acatando un regulamento europeo que, por
exemplo, países como Francia non cumpriron alegando que a prostitución supón
unha vulneración dos dereitos humanos.<o:p></o:p>
E agora, despois da aprobación no
38 Congreso dunha Resolución onde se acordou “perseguir a explotación sexual
cunha estratexia clara de tolerancia cero”, subliñando que “os homes e as
mulleres socialistas aspiramos a unha sociedade sen explotación sexual e
comprometémonos a traballar para eliminar a prostitución e cambiar o modelo
social de dominación e desigualdade que a fai posible, incidindo en reducir a
demanda, concienciando á sociedade de que a compra de servizos de prostitución
contribúe ao establecemento, no noso país, de mafias que se lucran de mulleres
ás que secuestraron os seus dereitos”, chega o momento de plasmar este
compromiso no programa electoral. Para iso, o borrador do programa inclúe unha
proposta arriscada, pero tremendamente comprometida coas mulleres, o principio
de igualdade e a defensa dos dereitos humanos: a de aprobar medidas que
desenvolvan políticas encamiñadas á abolición da prostitución, perseguindo e
sancionando a demanda e compra. <o:p></o:p>
Paso firme e compromiso claro. Porque,
como di o lema que as activistas feministas Sonia Sánchez e María Galindo
utilizaron para accións e debates e en 2014 transformaron en libro, ningunha
muller nace para puta.<o:p></o:p>
Eva M. Monterohttp://www.blogger.com/profile/03617457787720699419noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8394373558208565599.post-41092996687501040312015-11-12T09:46:00.002-08:002015-11-12T09:46:15.497-08:00Violencia de xénero VS Violencia en parellas do mesmo sexo
Que existen
profundos lazos entre as mulleres e o colectivo LGTBI, é evidente. É máis,
posiblemente esta especie de complicidade e, en ocasións, loita conxunta tivo
un papel importante na ampla conciencia social e na aprobación por parte do
Goberno de Rodríguez Zapatero, da Lei Integral contra a Violencia de Xénero de
decembro de 2004, e de tan só seis meses máis tarde, da Lei do Matrimonio
Igualitario.
Pero, dito isto,
temos que recoñecer tamén que as mulleres e o colectivo LGTBI temos diferenzas
e, polo tanto, non podemos confundir determinadas reivindicacións. E un exemplo
claro o constitúe a violencia que se produce no seo das relacións cunha orixe
afectivo-sexual. Dende que se aprobou a lei, pero sobre todo dende que se
aprobou o matrimonio igualitario (cun momento de especial debate cando en 2009
un home asasinou ao seu ex marido en Adra que, se ben non era o primeiro caso
en España, si foi o que abriu dun xeito amplo o debate), diferentes voces se
teñen alzado para reivindicar a aplicación da Lei Integral contra a Violencia
de Xénero en parellas do mesmo sexo.<o:p></o:p>
Curiosamente,
unha parte destacada destas voces procede dos sectores máis conservadores da
sociedade. E por que? Pois, segundo o meu punto de vista, por dúas razón
principais. A primeira, porque resulta unha forma de electoralismo
irresponsable, pero extremadamente sinxelo e eficaz. É dicir, por unha banda,
porque é un guiño ao colectivo LGTBI ao que, con argumentos que entendo que
poden resultar atractivos, tratan de enganar. Porque que non se nos esqueza que
o PP, ademais de votar en contra, levou a Lei de Matrimonio Igualitario ao
Tribunal Constitucional. E, por outra, estas manifestacións, como as que fixo o
ex presidente de Extremadura José Antonio Monago o ano pasado, no fondo agochan
un ansia por mesturar aos colectivos na categoría de “discriminados” e, así,
aplicar as mesmas leis sen deseñar e aplicar as medidas específicas para cada
caso. É dicir, o que sería afondar na discriminación.<o:p></o:p>
Porque, como
dixo Boti García Rodrigo –presidenta ata febreiro de 2015 da Federación Estatal
LGTB e defensora da diferenciación das dúas clases de violencia, como tamén
Beatriz Gimeno, presidenta desta mesma entidade entre 2003 e 2007 e autora de
interesantes publicacións sobre o tema-, “incluir nuestra violencia en la
violencia de género desdibuja las dos violencias: descafeína la de género y
quita identidad a la nuestra. Si todo es violencia de género, nada es violencia
de género”.<o:p></o:p>
Polo tanto,
unha das tarefas fundamentais que debemos promover as persoas que defendemos a
diferenciación entre a violencia de xénero e a que se produce entre parellas ou
ex parellas do mesmo sexo, é un labor didáctico. Explicar as razón polas que
ambas, sendo violencia e debendo ser afrontadas dun xeito integral, teñen uns elementos
diferenciadores que conlevaron que a Lei de 2004 integrase o uso da
discriminación positiva en materia penal. Isto significa que se impuxo o
agravamento de penas que xa existían, pero para os casos en exclusiva de que o
agresor sexa un varón e a vítima unha muller coa que ten ou tivo unha relación
afectivo-sexual, modificando para iso os artigos 153.2, 171.4, 172.2 e 148.4 do
Código Penal. Deste xeito, o resto de agresións no eido doméstico, incluidas as
de persoas do mesmo sexo, serán castigadas, por suposto, pero coas penas que xa
existían no Código Penal para ditos delictos.<o:p></o:p>
E, por que se
produce isto? Porque nesta lei partimos dunha situación de desigualdade
histórica e de dominación dos homes sobre as mulleres. A violencia de xénero
non é outra cousa que un instrumento de control do patriarcado sobre as
mulleres e, recoñecelo por parte das
Administracións coa elaboración, aprobación e desenvolvemento e aplicación
desta Lei Integral, é unha forma de admitir que a sociedade enteira está
estruturada sobre dita organización. A violencia de xénero, pois, é unha
violencia estrutural, unha forma de control que empregan os homes sobre as
mulleres e, polo tanto, é unha violencia especial e particular, distinta a
outros tipos de violencia, que precisa de solucións e medidas específicas.<o:p></o:p>
Iso non
significa, por suposto, que se negue que a violencia entre as parellas do mesmo
sexo exista ou que consideremos que as vítimas non merecen a mesma
consideración ou protección. <o:p></o:p>
De feito, a
Policía, as entidades LGTBI e mesmo as asociacións que traballan na loita
contra a violencia contra as mulleres, están a recibir máis denuncias e
peticións de axudas de gais e lesbianas por agresións e violencia das súas
parellas ou ex parellas. Isto ten que levarnos á conclusión de que é necesario
afondar neste tema e, sen dúbida, buscar as mellores ferramentas, incluidas as
legais, para combatir este tipo de violencia doméstica.<o:p></o:p>
Resulta
intolerable, por poñer algún exemplos, que a día de hoxe non haxa un rexistro
de persoas asasinadas polas súas parellas ou ex parellas do colectivo LGTBI;
resulta inadmisible que non se especifiquen políticas específicas de prevención
e protección para gays e lesbianas obxecto de violencia de doméstica. E aquí é
onde teño que referirme ao CONVENIO DE ESTAMBUL, asinado ao final do mandato de
Zapatero, o 11 de maio de 2011, e en vigor dende o 1 de agosto de 2014, que
supón o convenio do Consello de Europa sobre prevención e loita contra a
violencia contra a muller e a violencia doméstica. <o:p></o:p>
Este Convenio
pode ser unha importante ferramenta non só para seguir avanzando na lei
integral española contra a violencia de xénero, senón que marca un punto
importante de desenvolvemento de medidas propias, e mesmo lexislativas, para a
violencia producida dentro de parellas ou ex parellas do mesmo sexo.<o:p></o:p>
De feito, no
anexo España comprométese a “llevar a cabo las modificaciones necesarias en su
ordenamiento jurídico interno a los efectos de la aplicación del Convenio en su
totalidad”.<o:p></o:p>
Polo tanto,
contamos coas ferramentas de traballo para poder traballar na prevención,
atención, protección, asistencia e inserción das vítimas de violencia doméstica
dentro do colectivo de gays e lesbianas, mantendo o carácter específico e
particular da violencia de xénero. E estou segura que nesta loita tamén
estaremos as mulleres. Porque a súa loita e tamén a nosa. Igual, pero distinta;
distinta, pero igual.<o:p></o:p>
(Ponencia Xornadas LGTBI: “10 anos despois. Situación actual e retos de futuro”)
http://praza.gal/opinion/2879/violencia-de-xenero-vs-violencia-en-parellas-do-mesmo-sexo/
Eva M. Monterohttp://www.blogger.com/profile/03617457787720699419noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8394373558208565599.post-31079399951147658392015-10-24T03:10:00.000-07:002015-10-24T03:10:11.910-07:00Escravitude no século XXI
Hoxe conmemórase
o Día Internacional contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Mulleres, Nenas
e Nenos, instaurado pola Conferencia Mundial da Coalición Contra o Tráfico de
Persoas en coordinación coa Conferencia de Mulleres celebrada en Dhaka,
BanglaDesh, en xaneiro de 1999. <o:p></o:p>
Sen lugar a
dúbidas, a trata de mulleres con fins de explotación sexual constitúe unha nova
forma de escravitude en pleno século XXI e supón unha flagrante violación dos
Dereitos Humanos, posto que atenta contra a liberdade, a integridade, a saúde,
a vida, a seguridade e a dignidade das persoas, ademais de seren unha das máis
duras manifestacións da desigualdade e da violencia de xénero. Ademais, despois
da venda de armas e de drogas, a trata con fins se explotación sexual supón o
terceiro negocio ilegal máis lucrativo do mundo. Só en España move ao día,
segundo a ONU, cinco millóns de euros, ou o que é o mesmo, 1.825 millóns de
euros ao ano.<o:p></o:p>
Tampouco son
nada alentadores, e si moi alarmantes, as cifras relativas á trata e
explotación sexual de nenas e nenos, xa que, segundo a Organización
Internacional do Traballo, arredor de 1,8 millóns son vítimas de explotación
con fins sexuais. Este dato inclúe a utilización, o recrutamento ou a oferta de
nenos e nenas para a prostitución, a produción de pornografía e as actuacións
pornográficas. Neste caso, ademais, a explotación sexual leva consigo unha
serie de prácticas que danan a vida dos nenos e nenas, a degradan e poñen en perigo
a súa supervivencia e desenvolvemento. <o:p></o:p>
As mulleres
traficadas son vítimas múltiples: dos traficantes, dos clientes e das súas
propias circunstancias. Así mesmo, sofren dunha forma especial a invisibilidade
e exclusión ás que as somete a sociedade na que habitan e que, na maior parte
dos casos, non é a da súa de procedencia. Polo tanto, estas mulleres sofren ata
o extremo as consecuencias das desigualdades e violencia de xénero, así como,
en moitas ocasións, da xenofobia e outras manifestacións de discriminación
social.<o:p></o:p>
Desta dramática
realidade, que a priori podería parecer impensable nunha sociedade moderna e
desenvolvida, Galicia tampouco se escapa. De feito, segundo os datos
facilitados pola propia Xunta, as once entidades coas que colabora atenderon en
2014 a 7.118 persoas que se atopan nalguna destas situacións, das que 6.868
eran mulleres, 112 homes, 125 transexuais e 13 travestis. Esta cifra amosa que o número de persoas
obxecto de explotación sexual vai en aumento, xa que en 2013 as persoas atendidas
foron 5.153, é dicir, 1.965 menos que ao longo do pasado ano.<o:p></o:p>
Polo tanto,
debemos ser especialmente contundentes coas medidas a aplicar para rematar co
tráfico e explotación de mulleres e de nenas e nenos. Debemos afondar na orixe
destas mafias e redes para desmantelalas, debemos traballar de forma pertinaz
na educación en igualdade, na asistencia e inserción das vítimas, e non podemos
escatimar esforzos nin recursos para rematar con este negocio totalmente
degradante para quen o sofre. Nesta loita, é parte fundamental a prevención,
que debe pasar polo rexeitamento social a este tipo de escravitude. En
consecuencia, as políticas públicas en materia de trata deben contemplala, así
como a demanda porque, sen lugar a dúbidas, a trata de seres humanos con fins
de explotación sexual e a prostitución van unidos. A trata existe porque hai
demanda, polo que se realmente queremos rematar coa explotación sexual temos
que rematar coa demanda e coa tolerancia social.<o:p></o:p>
Dende o Partido
Socialista esiximos, unha vez máis, unha Lei Integral contra a trata de persoas
con fins de explotación sexual, e pedimos ás administracións públicas que
incrementen as partidas concretas para a erradicación destas redes de tráfico e
explotación sexual e os protocolos de colaboración con outras institucións e
organismos implicados e que, a maiores e dende as súas respectivas competencias,
desenvolvan medidas e programas de actuación encamiñados a que as vítimas non
só superen o trauma e secuelas físicas e psíquicas xeradas pola súa situación,
senón que, ademais, se fagan visibles na sociedade na que vivimos. Visibles e,
sobre todo, libres.<o:p></o:p>
http://praza.gal/opinion/2812/escravitude-no-seculo-xxi/
Eva M. Monterohttp://www.blogger.com/profile/03617457787720699419noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8394373558208565599.post-48518757244824934892015-08-09T00:38:00.003-07:002015-08-09T00:38:23.119-07:00Barbarie
Venres. Salta a miña alarma de WhatsApp: "Un home mata as súas dúas
fillas en Moraña e intenta quitarse a vida". O meu corazón
encóllese e automaticamente, posiblemente de forma inconsciente, vénme á cabeza
a nai; unha nai á que lle acaban de arrebatar ás súas fillas. Unha nai que
acaba de perder o que máis quere, as súas dúas nenas, e aconteceu porque así o
decidiu quen tamén debería velar polo coidado e benestar delas, das súas
fillas, das fillas dos dous. Unha proba de que o único que pode vencer ao amor
é o odio. O odio infinito.<o:p></o:p>
Resúltame máis que difícil
expresar o que sento ante un suceso como o acontecido o pasado venres. Nun caso
como este, os meus sentimentos complican que fale a Eva Martínez secretaria de
Igualdade do PSdeG, así que estas palabras saen do máis profundo da Eva muller,
divorciada e nai dun neno de 11 anos e unha nena de 3. Penso no sufrimento
indescritible desa nai para a que posiblemente xa nada teña sentido, e mesmo
nesas nenas, ás que o seu propio pai asasinou dunha forma atroz para quen sabe
que... Vingarse da súa ex muller?
Romper vínculos coa súa vida pasada? Dá igual... Nada, absolutamente nada,
explica esta barbarie, a dun acto que supón a violencia levada ao extremo.<o:p></o:p>
Agora xa só queda esperar a que actúe
a xustiza, unha xustiza que ás veces parece que se nos queda curta para casos
como o de Moraña. Pero máis alá disto, a sociedade no seu conxunto e, de forma
moi especial, as persoas que formamos parte das administracións e institucións
públicas, partidos políticos e xustiza, debemos analizar o acontecido para
evitar xa non só que unha barbaridade como esta vólvase producir, senón que a
violencia machista deixe de ser dunha vez por todas unha constante no noso día
a día.<o:p></o:p>
Por iso non me cansarei, non nos
cansaremos, depedir que a violencia que
se exerce contra as mulleres e os seus fillos e fillas deixe de converterse
nunha especie de "suceso" inevitable que ocupa unha parte do
periódico ou informativo -ás veces de forma residual e outras, como esta, de
forma máis que destacada- e pase a considerarse un problema de Estado. Xa
non se trata unicamente de criticar, de esixir máis fondos, de pedir que se
aplique e desenvolva a Lei Integral de 2004 contra a Violencia de Xénero. Xa
non se trata só de reclamar políticas de prevención -comezando coas primeiras
etapas da vida nos centros escolares-, de asistencia e protección ás vítimas.
Trátase de construír, de articular todas estas demandas e de poñelas en marcha
coa colaboración, asesoramento e participación de todos os axentes implicados.<o:p></o:p>
Resulta agora, cando van neste ano 23 mulleres asasinadas e 4
nenos e nenas, máis necesario que nunca asumir esta eiva como o
que, un asunto de Estado e o tratemos como tal para todos os efectos.<o:p></o:p>
E mentres acabo de escribir esta
reflexión, vólveme saltar o WhatsApp por partida dobre: "Un home mata os
seus dous fillos e a súa muller a tiros e suicídase" e "Deteñen o
marido dunha muller aparecida morta hai uns días en Serra (Valencia)". Elévase a 25 o número de mulleres asasinadas
e a 6 o de nenos e nenas.<o:p></o:p>
Non hai palabras ... Só dúas.
Basta Xa!<o:p></o:p>
http://praza.gal/opinion/2711/barbarie/
Eva M. Monterohttp://www.blogger.com/profile/03617457787720699419noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8394373558208565599.post-32589184670491322672015-07-28T07:57:00.004-07:002015-07-28T07:57:58.083-07:00O PP e a súa dobre moral
O pasado xoves 16 o Partido
Popular levaba ao Congreso dos Deputados unha medida que supón un recorte de
dereitos e liberdades para as mulleres: a reforma da coñecida como Lei do
Aborto no seu artigo 13.4. E este auténtico castigo exérceo sobre o sector máis
vulnerable, o das mulleres de 16 e 17 anos que se encontran en ámbitos
complicados, de desarraigamento ou desamparo ou mesmo de
violencia intrafamiliar.<o:p></o:p>
Porque, como vimos insistindo
dende o Partido Socialista, o PP manipulou a realidade -obviando que as
mulleres menores de idade deben comunicar a súa decisión a nais, pais ou
titores, salvo nas excepcións anteriormente mencionadas- para xustificar unha
decisión que non gusta a case ninguén.<o:p></o:p>
Esta reforma, que non era
demandaba en absoluto polo conxunto dunha sociedade que convivía perfectamente
coa Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e da Interrupción Voluntaria do
Embarazo de 2010 e que foi promovida para contentar -e parece que sen
éxito- a un sector ultraconservador que apostaba por unha modificación salvaxe
e integral da lei, é dicir, que apoiaba a Lei Gallardón, vai provocar
abortos clandestinos cando non a condenar ás mulleres novas a ser nais sen
desexalo ou a que se produzan situacións con consecuencias dramáticas nestas
familias con escenarios complexos e duros ao ter que pedir permiso paterno ou
materno para poder interromper voluntariamente o embarazo. E iso por non falar
de que o número de mulleres que abortan en España nesas idades é do 10%, é
dicir, que se vai lexislar para menos de 1.200 mulleres, e que desas unicamente
en torno ao 12% non llelo comunican aos seus pais por encontrarse nalgún dos
supostos eximentes desa información previa... Esperpéntico, dramático e moi
grave.<o:p></o:p>
Pero isto non queda aquí. Porque
mentres que o PP presume de ser o defensor da familia e da
maternidade, ampara e consente outras medidas e decisións, por non falar dos
seus propios recortes -reprodución asistida en sanidade pública, por poñer un
exemplo-, que evitan que poidan ser nais aquelas mulleres que si desexan selo.<o:p></o:p>
Na mesma xornada na que o
Congreso sacaba adiante esa reforma, dende o PSdeG acompañábamos a Marta
Fernández, unha enfermeira do 061 que sufriu un aborto despois de que a mutua
lle denegase a baixa, e se ofrecía unha rolda de prensa para pedir explicacións
á Consellería de Sanidade e esixir responsabilidades ante uns feitos
que, ademais, non son os primeiros que se producen en Galicia. Marta, maior de
35 anos e, polo tanto, cun embarazo de risco (polo menos nos seus primeiros
meses), viu como o seu desexo de ser nai se truncaba pola indolencia e falta
total de profesionalidade dunha mutua que traballa para o Sergas. E é que
se unha situación destas características é intolerable para calquera muller
embarazada, o é nunha dimensión moito maior cando esta empresa é pública e, de
forma case surrealista, pertence ao ámbito sanitario.<o:p></o:p>
Unha vez máis, o Partido Popular
volveu facer gala desa dobre moral que tanto practica: Obriga a ser nai a quen
non quere e non llo permite -ou, polo menos, dificúltao bastante coas súas
decisións e "silencios" - a quen o desexa. Polo tanto, menos reformas
machistas, menos recortes en persoal e máis feminismo, máis dereitos, e, en
definitiva, máis coherencia e cercanía ás mulleres, á sociedade.
http://praza.gal/opinion/2673/o-pp-e-a-sua-dobre-moral/
<o:p></o:p>
Eva M. Monterohttp://www.blogger.com/profile/03617457787720699419noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8394373558208565599.post-17641898618602113682015-07-01T02:48:00.001-07:002015-07-01T02:48:31.690-07:00Edu
Vivo nun barrio que se chama
Canido. Un barrio ao que costa chegar dende o centro por esas rúas tan
empinadas pero do que, disque, unha vez que estás nel, non queres marchar. E
iso é o que parece que lle ocorreu ao artista local Eduardo Hermida e o que
semella nos está pasando a moitas e moitos grazas ao gran traballo que persoas
coma el están desenvolvendo dende hai uns anos.<o:p></o:p>
Eduardo, ao que chamamos Edu as
persoas que o aprezamos, ama Canido con todo ese corazón, que aínda que un
pouquiño danado, conserva e irradia unha forza incrible para seguir creando, desenvolvendo
proxectos e iniciativas culturais e ensinando o que sabe aos seus alumnos e
alumnas dese estudo no que agora traballa na rúa Alegre.<o:p></o:p>
E foi Edu, xunto cunha serie de
artistas comprometidos con este barrio e coa cidade, o que está a convertir as
rúas e edificios de Canido –moitos deles en estado de auténtica ruina- nun
museo pictórico de acceso libre e ao aire libre. Foi Edu o que, dun xeito
xeneroso e cunha perspectiva progresista e revindicativa, sacou a arte ás rúas
como ferramenta de protesta polo lamentable estado no que se atopaba o barrio,
o seu, pero tamén foi o que deu un pulo turístico e económico a esta zona de
Ferrol, case que abandonada durante décadas.<o:p></o:p>
As Meninas de Canido nas súas
infinitas versións –como poderían ser As gaitas de Canido, os canguros de
Canido ou calquer outro protagonista dun cadro, persoa, animal ou cousa do
mundo levados ao barrio- se teñen convertido nun referente non so a nivel
local, senón que a iniciativa, na que o urbanismo, a cultura, e mesmo o turismo
danse a man, traspasou as nosas fronteiras e está sendo recoñecida incluso a
nivel internacional. <o:p></o:p>
Canido, grazas en boa medida a Edu
-porque un Urban que o goberno local saínte xestionou tarde, mal e a rastro semella que
non está a resolver moitos dos problemas do barrio-, perde esa tristura que a
caracterizaba e recupera pouco a pouco
iso que dicía a canción: Es en
Canido donde reina la alegría, es en Canido donde reina el buen humor… Por
todo o que fixeches e por todo o que sei que tes pensado facer, grazas.<o:p></o:p>
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2015/06/30/edu/0003_201506F30C2996.htm
Eva M. Monterohttp://www.blogger.com/profile/03617457787720699419noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8394373558208565599.post-61833465434987816762015-06-05T01:09:00.000-07:002015-06-05T01:09:22.298-07:00Novos tempos para o feminismo galego
Dicir que "non hai
mal que por ben non veña" cando se trata de dereitos, ou mellor dito,
cando se trata de recortes nestes ou directamente a súa eliminación, pode soar
frívolo. Así que tratarei de explicarme o mellor posible para xustificar a
utilización deste dito popular na miña reflexión.<o:p></o:p>
A contrarreforma da Lei do
Aborto auspiciada polo entón ministro de Xustiza do PP,
Alberto Ruiz Gallardón, provocou unha contundente
resposta da sociedade, pero sobre todo, das mulleres de todo o Estado. E
Galicia non foi unha excepción. As feministas galegas, ante a ameaza dunha
modificación nesta lei (antes mesmo de que Gallardón
presentase o anteproxecto) reuníronse en torno á entón denominada Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, que veu traballando
activamente ata agora en defensa do dereito das mulleres a decidir sobre o seu
propio corpo e sobre algo tan persoal e íntimo como é a maternidade. E foi aí
cando comezou un intenso e frutífero traballo en común.<o:p></o:p>
Nacionalistas,
independentistas, comunistas, socialistas... nesa plataforma tivemos e temos
cabida todas. Porque ás obvias diferenzas políticas, as feministas galegas
soubemos antepoñer a defensa dos nosos dereitos, soubemos deixar a un lado esa
suposta distancia que nos separa e, facendo gala dunha enorme capacidade de
diálogo e xenerosidade, realizamos un enorme -e magnífico, se se me permite-
traballo, cuxos froitos á vista están.<o:p></o:p>
E esa unidade é a que debe
continuar. Non só porque, a pesar de conseguir tumbar esa reforma e mesmo
propiciar a dimisión do ministro Gallardón, a ameaza
segue máis viva que nunca con outra reforma pola que o Goberno do PP vai tutelar as mulleres de 16 e 17 anos e condenalas a
abortar na clandestinidade ou a ter que informar un pai maltratador dun
embarazo -cos riscos que iso supón-, senón porque se unha cousa quedou
constatada nestes anos é que a unión fai a forza.<o:p></o:p>
Nuns días, a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto decidirá, nun debate
aberto, profundo e sobre o que se xa se leva traballando nos últimos meses,
sobre o futuro desta e sobre a posibilidade de abrir ese abano de colaboración
do colectivo feminista galego -que inclúe entidades, sindicatos e partidos
políticos- a outros temas que nos afectan ás mulleres e que son motivo de
desigualdade e discriminación, sobre os que tamén podemos traballar xuntas. A
defensa dos dereitos sexuais e reprodutivos -máis alá do dereito ao aborto que
figura no propio nome da plataforma- pode ser o inicio dunha colaboración que
tamén vimos fluír na loita contra a violencia de xénero.<o:p></o:p>
Facer un esforzo do que xa
demos probas que somos capaces de facer para selar un acordo que nos leve a
camiñar en común a todas as mulleres feministas de Galicia presúmese un reto
apaixonante e, aínda que complicado, creo que é necesario se queremos conseguir
avances. Polo menos, esta secretaria de Igualdade do PSdeG porá todo o que está
na súa man para acadar que as mulleres galegas ocupemos o lugar que nos
http://praza.gal/opinion/2557/novos-tempos-para-o-feminismo-galego/
Eva M. Monterohttp://www.blogger.com/profile/03617457787720699419noreply@blogger.com0